2 Crónicas 5
5
Dedicación do Templo
1Así foi concluída toda a obra que fixo Salomón para o templo do Señor.
Salomón fixo traer todo o consagrado por seu pai David: a prata, o ouro e todos os obxectos, e púxoos nos tesouros do templo de Deus.
2Entón congregou Salomón en Xerusalén a todos os anciáns de Israel e ós principais das casas paternas dos fillos de Israel, para facer subir a arca da alianza de Iavé desde a cidade de David, que é Sión. 3Reuníronse onda o rei todos os homes de Israel, na festa do mes sétimo. 4Cando chegaron todos os anciáns de Israel, os levitas alzaron a arca; 5levaron a arca e a Tenda do Encontro e todos os útiles do santuario que había na tenda. Fixérono os sacerdotes levitas. 6O rei Salomón, con toda a comunidade de Israel que se reunira ó arredor del, sacrificaron ante el ovellas e bois en número tan grande que non se puideron contar. 7Os sacerdotes levaron a arca da alianza do Señor ó seu lugar no santuario do templo, ó Santo dos Santos, baixo as ás dos querubíns. 8Pois os querubíns estendían as ás por riba do emprazamento da arca, cubrindo a arca e os varais por riba. 9Os varais eran tan longos que se vían as puntas desde o Santo, desde a parte anterior do santuario, pero non se vían desde fóra; e alí están ata o día de hoxe. 10Na arca non había cousa máis cás dúas táboas que Deus fixo pór nela no Horeb, cando Iavé concluíu a alianza cos israelitas trala súa saída de Exipto.
11Cando os sacerdotes saíron do santuario (porque todos os sacerdotes que estaban presentes se santificaron, sen gardar orde de clases), 12e todos os levitas cantores, Asaf, Hemán e Iedutún, con seus fillos e irmáns, vestidos de liño fino, estaban de pé ó oriente do altar, tocando címbalos, salterios e cítaras, e con eles cento vinte sacerdotes que tocaban as trompetas, 13e os cantores loando e celebrando a Iavé; erguendo a voz coas trompetas e cos címbalos e con outros instrumentos de música loaban a Deus dicindo: —"porque é bo, porque é eterno o seu amor"; o templo encheuse dunha nube. 14E os sacerdotes non puideron continuar no servizo por causa da nube, porque a gloria de Iavé enchía o templo.
Currently Selected:
2 Crónicas 5: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT