YouVersion Logo
Search Icon

2 Crónicas 6

6
1Entón Salomón dixo:
—"O Señor quere habitar nunha densa nube; 2e eu construínche un palacio, un sitio onde vivas para sempre".
3Logo volveuse para botar a bendición a toda a asemblea de Israel, toda a asemblea de Israel estaba en pé, 4e dixo:
—"Bendito o Señor, Deus de Israel, que coa súa boca fixo unha promesa a meu pai, David, e coa súa man cumpriuna: 5Desde o día que saquei do país de Exipto ó meu pobo non elixín ningunha cidade das tribos de Israel para facerme un templo onde residise o meu Nome, e non elixín a ninguén para que fose caudillo do meu pobo, Israel, 6senón que elixín a Xerusalén para pór alí o meu nome e elixín a David para que estivese á fronte do meu pobo, Israel. 7Meu pai, David, pensou edificar un templo en honra do Señor, Deus de Israel, 8e o Señor díxolle: Ese proxecto que tes de construír un templo na miña honra, fas ben en telo; 9só que ti non construirás ese templo, senón que un fillo das túas entrañas será quen constrúa ese templo na miña honra. 10O Señor cumpriu a promesa que fixo; eu sucedín no trono de Israel a meu pai David, como prometeu o Señor, e construín este templo na honra do Señor, Deus de Israel. 11E nel coloquei a arca onde se conserva a alianza que Iavé pactou cos fillos de Israel".
12Salomón, de pé diante do altar do Señor, na presenza de toda a asemblea de Israel, estendeu as súas mans. 13Salomón fixera un estrado de bronce de dous metros e medio de longo por dous e medio de ancho e un cincuenta de alto, e colocárao no medio do adro; subiu a el, e axeonllouse perante toda a asemblea de Israel, elevou as mans ó ceo 14e dixo:
—"Señor, Deus de Israel. Nin no ceo nin na terra hai deus ningún coma ti, fiel á alianza cos teus vasalos, se proceden de todo corazón de acordo contigo; 15A meu pai, David, teu servo, mantivécheslle a palabra da túa boca, prometíchelo e coa túa man cumpríchelo hoxe. 16Agora, pois, Señor, Deus de Israel, mantén en favor do teu servo, meu pai David, a promesa que lle fixeches: Non che faltará na miña presenza un descendente no trono de Israel, a condición de que teus fillos saiban comportarse, camiñando pola miña Lei como camiñaches ti. 17Agora, pois, Señor, Deus de Israel, confirma a promesa que fixeches ó teu servo David. 18Aínda que, é posible que Deus habite cos homes na terra? Se non cabes no ceo nin no máis alto do ceo, canto menos neste templo que che construín!
19Volve o teu rostro á oración e súplica do teu servo, Señor, meu Deus, escoita a oración e o clamor que che dirixe o teu servo. 20Día e noite estean os teus ollos abertos para este templo, sobre o sitio onde quixeches que residise o teu Nome. 21Escoita a oración que o teu servo che dirixe neste sitio! Escoita as súplicas do teu servo e do teu pobo Israel, cando recen neste sitio; escoita ti desde a túa morada do ceo, escoita e perdoa.
22Cando un peque contra outro, se se lle esixe xuramento e vén xurar ante o teu altar neste templo, 23escoita ti desde o ceo e fai xustiza ós teus servos, condenando ó culpable, volvéndolle o seu merecido e absolvendo ó inocente, pagándolle segundo a súa inocencia.
24Cando o teu pobo, Israel, sexa derrotado polo inimigo por pecar contra ti, se se converten e confesan o seu pecado, e rezan e suplican ante ti neste templo, 25escoita ti desde o ceo e perdoa o pecado do teu pobo, Israel, e fainos volver á terra que lles deches a eles e a seus pais.
26Cando, por teren pecado contra ti, se peche o ceo e non haxa chuvia, se rezan neste lugar, confesan o seu pecado e se arrepinten cando ti os aflixes, 27escoita ti desde o ceo e perdoa o pecado do teu servo, do teu pobo Israel, mostrándolle o bo camiño que deben seguir e manda a chuvia á terra que deches en herdanza ó teu pobo.
28Cando no país haxa fame, peste, seca e alforra, lagostas e pulgóns; cando o inimigo peche o cerco nalgunha das súas cidades; en calquera calamidade ou enfermidade; 29se un calquera, ou todo o teu pobo Israel, ante os remorsos e a dor, estende as mans cara a este templo e che dirixe oracións e súplicas, 30escoita ti desde o ceo onde moras, perdoa e paga a cada un segundo a súa conduta, ti que coñeces o corazón humano; 31Así respectarante e marcharán polas túas vereas mentres vivan na terra que lles deches a nosos pais.
32Pero tamén ó estranxeiro que non pertence ó teu pobo Israel: cando veña dun país apartado, atraído pola túa grande fama, a túa man forte e o teu brazo estendido, cando veña rezar neste templo, 33escóitao ti desde o ceo, onde moras, fai o que che pida, para que todas as nacións do mundo coñezan a túa fama e te respecten coma o teu pobo Israel e saiban que o teu Nome foi invocado neste templo que construín.
34Cando o teu pobo saia á campaña contra os seus inimigos polo camiño que lle sinales, se che rezan, voltos cara a esta cidade que elixiches e ó templo que construín na túa honra, 35escoita ti desde o ceo a súa oración e súplica e failles xustiza.
36Cando pequen contra ti —porque ninguén está libre de pecado— e ti, irritado con eles, os entregues ó inimigo, e os vencedores os desterren a un país remoto ou próximo; 37se no país onde viven deportados reflexionan e se converten, e no país do seu desterro che suplican dicindo: Pecamos, faltamos, somos culpables; se no país do desterro a onde os deportaron 38se converten a ti con todo o corazón e con toda a alma, e rezan voltos á terra que deches a seus pais, cara á cidade que elixiches e ó templo que construín na túa honra, 39desde o ceo onde moras escoita ti a súa oración e súplica, failles xustiza e perdoa ó teu pobo os pecados cometidos contra ti. 40Que os teus ollos, meu Deus , estean abertos e os teus oídos atentos ás súplicas que se fagan neste lugar.
41E agora, levántate, Señor, Deus, ven á túa mansión, ven coa arca do teu poder; que os teus sacerdotes, Señor Deus, se vistan de gala, que os teus fieis reborden de felicidade. 42Señor Deus, non negues audiencia ó teu unxido; recorda a lealdade de David, o teu servo".

Currently Selected:

2 Crónicas 6: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in

Video for 2 Crónicas 6