e os cantores loando e celebrando a Iavé; erguendo a voz coas trompetas e cos címbalos e con outros instrumentos de música loaban a Deus dicindo: —"porque é bo, porque é eterno o seu amor"; o templo encheuse dunha nube. E os sacerdotes non puideron continuar no servizo por causa da nube, porque a gloria de Iavé enchía o templo.