2 Crónicas 4
4
1Construíu tamén un altar de bronce de vinte cóbados de longo, vinte cóbados de ancho e dez cóbados de alto. 2Fixo o Mar de metal fundido de dez cóbados de extremo a extremo. Era enteiramente redondo e de cinco cóbados de alto. Un cordón de trinta cóbados medía o seu contorno. 3Debaixo do bordo había en todo o contorno como unhas figuras de bois, por cadanseu cóbado, colocadas en dúas ringleiras, fundidas nunha soa masa. 4Apoiábase sobre doce bois; tres mirando ó norte, tres mirando ó oeste, tres mirando ó sur e tres mirando ó leste. O Mar estaba sobre eles, coas súas partes traseiras de cara ó interior. 5O seu espesor era dun palmo; a súa beira coma a do cáliz da flor do lirio. Cabían nel tres mil medidas.
6Fixo dez pías para as ablucións e colocou cinco delas á dereita e cinco á esquerda para lavar nelas o que se ofrecía en holocausto. O Mar era para as ablucións dos sacerdotes. 7Fixo dez candelabros de ouro, segundo a forma prescrita, e colocounos na entrada, cinco á dereita e cinco á esquerda. 8Fixo dez mesas e colocounas no templo, cinco á dereita e cinco á esquerda. Fixo tamén sellas de ouro.
9Construíu tamén o adro dos sacerdotes e o adro grande coas súas portas, revestindo as portas de bronce. 10Colocou o Mar ó lado dereito, cara ó sueste. 11Hiram fixo tamén as cinseiras, as pás da borralla e as sellas. Así concluíu Hiram a obra que lle encargara o rei Salomón para o templo. 12As dúas columnas cos seus capiteis e as molduras que coroaban as columnas, os dous trenzados para cubrir as dúas molduras dos capiteis que estaban sobre as columnas; 13As catrocentas granadas por cada trenzado; 14os dez baseamentos sobre os que colocou as pías; 15o Mar cos doce bois debaixo del; 16As cinseiras, as pás e as sellas. Todos estes utensilios fíxoos Hiramabí para o rei Salomón, para o templo de Iavé, de bronce brunido. 17O rei fíxoos fundir na veiga do Xordán, no mesmo chan, entre Succot e Seredah. 18Salomón fabricou todos estes utensilios en tan enorme cantidade que non puido calcular o peso do bronce.
19Salomón fixo todos os obxectos destinados ó templo: o altar de ouro, as mesas para o pan da presenza, 20os candelabros coas súas lámpadas de ouro fino, para que ardesen, segundo o rito, diante do santuario; 21os cálices, as lámpadas e as tenaces de ouro, de ouro purísimo; 22e os coitelos, as sellas, os vasos e os cinseiros, de ouro puro. Eran tamén de ouro as portas interiores do templo, a entrada do santuario e as portas da nave.
Currently Selected:
2 Crónicas 4: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT