1 Timoteo 2
2
Hai que rezar por todos
1Recomendo primeiro de todo que se fagan peticións, oracións, súplicas, accións de grazas en favor de todos os homes, 2polos reis e por todos os que ocupan altos cargos, para que poidamos ter unha vida calma e serea baseada no pleno respecto mutuo e na decencia. 3Isto é fermoso e grato a Deus noso Salvador. 4El quere que todos os homes se salven e cheguen ó coñecemento da verdade.
5Porque hai un único Deus e un único mediador entre Deus e os homes: o home Cristo Xesús, 6que se entregou coma rescate por todos. Tal é o testemuño dado no tempo oportuno. 7A min fíxome o seu pregoeiro e apóstolo digo a verdade e non minto, mestre dos xentís na fe e na verdade.
Actitude no culto
8Por iso quero que en todos os sitios recen os homes levantando as mans limpas, sen ira nin discusións. 9Do mesmo xeito tamén as mulleres, con vestido decente, con reverencia e modestia, que se adornen non con rizos, nin con ouro, nin margaridas, nin vestidos luxosos, 10senón coas boas obras, como cómpre a mulleres que profesan unha piedade verdadeira. 11A muller que aprenda en silencio e con toda submisión. 12Non lle consinto á muller que ensine, nin domine ó home, senón que estea calada. 13Porque primeiro crearon a Adam, despois a Eva. 14E a Adam non o enganaron, senón que a muller se deixou enganar e caeu no pecado. 15Salvarase, non obstante, grazas á súa maternidade, se se mantén na fe, no amor, na santidade e na modestia.
Currently Selected:
1 Timoteo 2: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT