1 Timoteo 1
1
Saúdo
1Paulo, apóstolo de Cristo Xesús por mandado de Deus, noso Salvador, e de Cristo Xesús, nosa esperanza, 2A Timoteo, fillo lexítimo na fe, deséxoche a graza, a misericordia e a paz de Deus Pai e de Cristo Xesús, noso Señor.
Hai que evitar as doutrinas falsas
3Xa che pedira que quedases en Éfeso, cando eu ía marchar a Macedonia, para lles mandares a algúns que non ensinen doutrinas alleas, 4nin se afeccionen ós mitos e xenealoxías sen conta; cousas que se prestan máis para discusións, que para a realización do plan de Deus, que se basea na fe.
5A finalidade desta instrución é o amor, que sae dun corazón puro, dunha conciencia boa e dunha fe sincera. 6Algúns deles, trabucándose, extraviáronse en lerias; 7pretenden ser doutores na Lei e non entenden nin o que din nin o que tan rotundamente afirman.
8Nós sabemos que a Lei é boa, se se usa como cómpre; 9tendo en conta, que non se dita a Lei para o xusto, senón para os prevaricadores e rebeldes, para os impíos e pecadores, para os profanadores e sacrílegos, para os parricidas e matricidas, para os homicidas, 10os fornicarios, homosexuais, tratantes de escravos, mentiráns, perxuros e para todo aquel que se opón á boa doutrina, 11que cadra co Evanxeo da gloria do Deus bendito, que se me confiou.
Acción de grazas polos favores recibidos
12Doulle grazas a Cristo Xesús, noso Señor que me fortaleceu, porque fiou en min, encomendándome o ministerio; 13A min que fora un blasfemo, perseguidor e inxuriador. Pero compadeceuse, porque eu obrei, por ignorancia, sen ter aínda fe; 14e a graza do noso Señor sobreabundou coa fe e o amor, que hai en Cristo Xesús.
15Esta é palabra segura merecente de que todos a acollan: que Cristo Xesús veu ó mundo para salvar os pecadores, dos que eu son o primeiro. 16Pero por iso mesmo compadeceuse, a fin de que Cristo Xesús amosase en min, o primeiro, toda a súa paciencia coma exemplo para os que habían crer nel para lograr a vida eterna. 17O Rei dos séculos, inmortal, invisible, único Deus: honra e gloria polos séculos dos séculos! Amén.
Recomendación a Timoteo
18Vouche facer unha gran encomenda, meu fillo Timoteo, conforme as mensaxes inspiradas que se refiren a ti, para que, apoiado nelas sosteñas un bo combate, 19Armado de fe e boa conciencia. Algúns rexeitárona e naufragaron na fe; 20entre eles están Himeneo e Alexandro, ós que entreguei a Satán, para que aprendan a non blasfemar.
Currently Selected:
1 Timoteo 1: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT