1 Timoteo 3
3
Virtudes dos "bispos"
1Esta é palabra segura: aquel a quen lle tire o "episcopado", arela unha boa función. 2Pero cómpre que o "bispo" sexa irreprensible, home dunha soa muller, sobrio, asisado, comedido, hospitalario, capaz para o ensino; 3nin bebedor nin liorteiro, senón indulxente; home de paz, non amigo dos cartos. 4Que goberne ben a propia casa e teña os fillos ben guiados, con dignidade, 5(pois se un non sabe estar á fronte da súa familia, como vai saber coidar a Igrexa de Deus?) 6Non neófito, para que non caia na condenación como caeu Satán, ensoberbecéndose. 7Cómpre que teña boa sona tamén entre os de fóra, para evitar o desprestixio e que o atrape o demo.
Boas maneiras dos "diáconos"
8Da mesma maneira, que os "diáconos" sexan serios, sen retranca, nin moi amigos do viño nin dos negocios sucios, 9conservando o misterio da fe nunha conciencia limpa. 10Tamén a eles os hai que someter á proba primeiro; despois, se están sen tacha, que exerzan o ministerio. 11Sexan tamén así as súas mulleres: púdicas, nin lingoreteiras nin amigas do viño, en todo de fiar.
12Que os "diáconos" sexan homes dunha soa muller, que saiban gobernar ben os seus fillos e as súas familias. 13Porque os que exercen ben este ministerio, adquiren para si un posto nobre e unha gran liberdade na fe que temos en Cristo Xesús.
O misterio cristián
14Escríboche isto, esperando ir onda ti axiña. 15Por se tardar rógoche que saibas comportarte como convén na familia de Deus, que é a Igrexa do Deus vivo, columna e alicerce da verdade.
16Estamos todos de acordo en que é grande o misterio da nosa relixión:
Que se manifestou coma home,
xustificou no Espírito,
apareceulles ós mensaxeiros,
predicáronllelo ós xentís,
creu nel todo o mundo,
foi exaltado na gloria.
Currently Selected:
1 Timoteo 3: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT