Por iso quero que en todos os sitios recen os homes levantando as mans limpas, sen ira nin discusións. Do mesmo xeito tamén as mulleres, con vestido decente, con reverencia e modestia, que se adornen non con rizos, nin con ouro, nin margaridas, nin vestidos luxosos, senón coas boas obras, como cómpre a mulleres que profesan unha piedade verdadeira.