YouVersion Logo
Search Icon

Zacarías 3

3
Cuarta visión
A) Restauración do sumo sacerdocio de Iehoxúa
1Apareceume en visión o sumo sacerdote Iehoxúa, de pé diante do anxo do Señor, e Satanás estaba á súa dereita para o acusar.
2O Señor díxolle a Satanás: "O Señor reprenderate, Satanás; reprenderate o Señor, que escolle a Xerusalén. Acaso non é máis ca un tizón collido do lume?".
3Iehoxúa ía vestido con roupas lixosas e estaba de pé diante do anxo. 4Este colleu a palabra e díxolles ós que estaban diante súa: "Quitádelle as roupas lixosas". E a el díxolle: "Olla, retiro de sobre ti a túa iniquidade, pero trata de vestirte con vestidos limpos". 5E engadiu: "Póndelle unha tiara limpa na cabeza". Colocáronlle a tiara limpa na súa cabeza e puxéronlle os vestidos. O anxo do Señor estaba alí de pé. 6Logo o anxo do Señor fíxolle unha declaración a Iehoxúa nestes termos:
7"Así fala o Señor dos Exércitos.
Se camiñas polos meus vieiros e se gardas os meus mandamentos,
ti gobernarás o meu templo e gardarás os meus adros
e dareiche entrada libre entre estes que están aquí.
8Escoita ben, Iehoxúa, sumo sacerdote,
ti e os teus compañeiros que sentan na túa presenza porque eles son homes proféticos.
B) Restauración do sacerdocio e do templo na perspectiva mesiánica
Si, vede: vou traer o meu servo, o Refillo.
9Si, velaí a pedra que puxen diante de Iehoxúa:
sobre esta pedra única hai sete ollos:
nela vou esculpir o seu gravado
—é o Señor dos Exércitos quen fala—
e no mesmo día quitarei a iniquidade deste país.
10O día aquel —é o Señor dos Exércitos quen fala—
invitaredes cada un ó seu compañeiro,
debaixo da parra e debaixo da figueira".

Currently Selected:

Zacarías 3: ABGS

Highlight

Share

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in