Tobías 9
9
Cobro do depósito da prata
1Entón Tobías chamou a Rafael e díxolle:
2—"Azarías, meu irmán, leva contigo catro servos e dous camelos e vai a Raguex á casa de Gabael, entrégalle a acta do depósito e cobra a prata; despois trae a Gabael contigo para a festa. 3Ti sabes ben que meu pai non para de contar os días. 4Se eu me retardo un só día, serei causa de que se encha de pena. Por outra parte,ves o que Reuel xurou: eu non podo traspasar o seu xuramento".
5Rafael partiu cos catro servos e os dous camelos camiño de Raguex de Media e pasaron a noite en casa de Gabael. Entregoulle a acta e comunicoulle que Tobías, o fillo de Tobit, tomara muller e que o convidaba á festa. Gabael contoulle ó momento os sacos, todos cos seus selos, e cargáronos. 6Despois saíron moi cediño para asistiren á festa. Entraron na casa de Reuel e atoparon a Tobías sentado á mesa. Este ergueuse dun salto e saudou a Gabael, que empezou a chorar, bendicíndoo nestes termos:
—"Fillo excelente dun home excelente, xusto e cheo de caridade. Que o Señor che dea a bendición do ceo, a ti, á túa muller, a teu pai e á nai da túa esposa. Loado sexa Deus, pois é o meu sobriño Tobit en persoa o que estou vendo".
Dereitos reservados: SEPT