Eclesiástico 2
2
Para chegar a sabio, resiste a adversidade
1Filliño, se te achegas a servir o Señor,
prepárate para a proba;
2ten firme o corazón, se constante,
non te axites no intre da conmoción;
3Apégate a El, non te lle afastes
e ó remate serás exaltado.
4Canto che veña enriba, acéptao,
aínda na doenza e na pobreza, ten paciencia.
5Pois no lume próbase o ouro
e os homes elixidos, na forxa da humillación.
6Afiúnza nel, e hache axudar,
endereita os teus camiños e espera nel.
7Vós, que temedes o Señor, agardade a súa misericordia
e non vos extraviedes para non caer.
8Vós que temedes o Señor, afiuzade nel
non se vos negará a paga ó vir a noite.
9Vós que temedes o Señor, esperade bens,
eterna ledicia e misericordia.
10Considerádevos das xeracións antigas e ollade:
quen afiuzou no Señor e foi avergonzado?
Ou quen perseverou no seu temor e foi desatendido?
Ou quen berrou por El e foi pasado por alto?
11Pois o Señor é compasivo e piadoso,
perdoa o pecado e salva na hora da angustia.
12Malia os corazóns covardes e as mans febles
e o pecador que discorre por dobre vieiro!
13Malia o corazón que afrouxa porque non cre
pois ficará sen protección!
14Malia vós que desbotastes a perseveranza!
Que faredes cando o Señor vos veña pedir contas?
15Os que temen o Señor non transgriden os seus mandados
e os que o aman gardan os seus camiños.
16Os que temen o Señor procuran compracelo
e os que o aman cumpren coa lei.
17Os que temen o Señor teñen o corazón disposto
e saben facerse pequenos diante del.
18Botémonos nas mans do Señor
que non nas mans dos homes!,
pois tal como é a súa maxestade
tamén é a súa piedade.
Currently Selected:
Eclesiástico 2: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT