Bible App logo
Search Icon

Salmos 58

58
(57) Requisitoria ós gobernantes
1Do mestre do coro, segundo "Non destrúas". Poema de David.
2De verdade sentenciades con xustiza, gobernantes?
Xulgades con rectitude entre os homes?
3Non. Co voso corazón tramades aleivosías
e as vosas mans esparexen violencia pola terra.
4Os malvados desvíanse desde o seo materno,
desde o seo materno erran os mentireiros.
5Teñen un veleno que semella o da serpente,
son coma áspide xorda que tapa os oídos
6para non oír a voz do feiticeiro,
do mago experto en esconxuros.
7Rómpelles, Deus, na boca os dentes,
québralles, Señor, as moas de leóns.
8Que se eslúan coma a auga que escorre,
que cando tiren setas, estean despuntadas.
9Que pasen coma a lesma, que se some toda,
e coma aborto de muller, que nunca viu o sol.
10Antes de que o espiño quente as vosas olas,
verde ou seco, que o leve o furacán.
11Os xustos alegraranse á vista do escarmento
e no sangue dos malvados bañarán os seus pés.
12Dirase entre as xentes:
—"Hai recompensa para os xustos,
de verdade hai un Deus que goberna na terra".

Currently Selected:

Salmos 58: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in