Bible App logo
Search Icon

Salmos 53

53
(52) Non hai quen faga o ben
1Do mestre do coro, segundo Mahalat. Poema de David.
2Pensan os parvos para si:
—"Deus non está".
Corrompidos, de conduta abominable:
non hai quen faga o ben.
3Deus observa os homes desde o ceo,
para ver se hai algún asisado,
algún que pregunte por Deus.
4Andan todos desviados,
por xunto corrompidos.
Non hai quen faga o ben,
non hai sequera un.
5É que non aprenderán os malfeitores?
Engolen o meu pobo coma pan,
sen preguntaren por Deus.
6Alá van tremendo de medo,
cando non había razón para temer.
Deus esparexe os ósos dos traidores;
e eles avergónzanse de ti
porque Deus os rexeita.
7Quen lle traerá de Sión a salvación a Israel?
Cando vire o Señor a sorte do seu pobo,
exultará Xacob, alegrarase Israel.

Currently Selected:

Salmos 53: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in