Bible App logo
Search Icon

Salmos 52

52
(51) Malos e bos terán a súa recompensa
1Do mestre do coro. Poema de David. 2Cando veu Doeg, o edomita, onda Xaúl para lle dicir:
David está na casa de Abimélec.
3Que gloria atopas na maldade,
home potente e desapiadado?
4Pasas o día a tramar crimes,
a túa lingua é coma navalla afiada,
ti, artífice do engano.
5Prefires o mal ó ben,
a mentira á palabra xusta;
6gustas das conversas que corroen,
ti, lingua embusteira.
7Por iso Deus hate destruír enteiramente:
hate coller e botar da túa tenda,
arrincarache a raíz da terra da vida.
8O velo, os xustos crerán,
e farán a burla del:
9—"Este é o valente
que non buscaba en Deus refuxio.
Confiaba nas súas riquezas,
facíase forte nos seus crimes".
10Mais eu son oliveira verde
na casa do Señor.
Confío no amor de Deus
polos séculos, por sempre.
11Loarei decote os teus feitos,
esperarei no teu nome,
porque ti es bo cos amigos.

Currently Selected:

Salmos 52: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in