Bible App logo
Search Icon

Salmos 54

54
(53) A miña axuda
1Do mestre do coro, con instrumentos de corda. Poema de David. 2Cando viñeron os de Zif dicirlle a Xaúl: David escóndese onda nós
3Sálvame, Deus, polo teu nome,
co teu poder defende a miña causa.
4Escoita, Deus, a miña súplica,
atende a miña palabra.
5Érguense contra min homes soberbios,
homes violentos buscan a miña vida,
sen teren a Deus en conta.
6Mais Deus é a miña axuda,
o Señor é quen sostén a miña vida.
7Recaia a desgraza sobre os meus perseguidores,
extermínaos, pola túa fidelidade.
8Eu ofrecereiche gustoso sacrificios,
loareite, Señor, porque es bo.
9Ti líbrasme de todos os apuros
e móstrame os inimigos en desfeita.

Currently Selected:

Salmos 54: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in