Números 29
29
Festas do outono
1No sétimo mes, no día primeiro do mes, celebraredes asemblea santa e non faredes obra ningunha servil; será para vós día de aclamación coas trompetas. 2Ofreceredes un holocausto de aroma grato para o Señor: un xovenco, un carneiro, sete años dun ano sen defecto. 3A súa oblación de flor de fariña amasada co aceite será de catro quilos polo xovenco, dous quilos e medio polo carneiro 4e un quilo e medio por cada un dos sete años, 5e ademais un chibo en sacrificio polo pecado para facerdes expiación por vós, 6sen contar o holocausto do mes e mais a súa oblación, o holocausto perpetuo e mais a súa oblación, ademais das libacións preceptuadas, en sacrificio con lume de grato aroma para o Señor.
7O dez dese sétimo mes teredes unha asemblea santa, e faredes penitencia e non realizaredes obra ningunha servil. 8Ofreceredes en holocausto de aroma grato ó Señor un xovenco, un carneiro, sete años dun ano sen defecto. 9A súa oblación de flor de fariña amasada no aceite será de catro quilos polo xovenco, dous quilos e medio polo carneiro, 10e un quilo e medio por cada un dos sete años. 11Un macho cabrún en sacrificio polo pecado, sen contar o sacrificio expiatorio e o holocausto perpetuo, coa súa oblación e mais as súas libacións.
12O día quince do sétimo mes teredes unha asemblea santa; non faredes obra ningunha servil e celebraredes a festa do Señor durante sete días. 13Ofreceredes un holocausto, sacrificio de aroma grato ó Señor: trece xovencos, dous carneiros, catorce años dun ano, sen defecto. 14A súa oblación de flor de fariña amasada no aceite será de catro quilos por cada un dos trece xovencos, dous quilos e medio por cada un dos carneiros 15e un quilo e medio por cada un dos catorce años; 16un macho cabrún en sacrificio polo pecado, ademais do holocausto perpetuo coa súa oblación e mais a súa libación.
17No segundo día: doce xovencos, dous carneiros, catorce años dun ano sen defecto; 18Así como a súa oblación e mais as súas libacións polos xovencos, os carneiros e os años, segundo o número deles, conforme ó regulamentado. 19Ademais diso, un macho cabrún en sacrificio polo pecado, amais do holocausto perpetuo, a súa oblación e mais as súas libacións.
20No día terceiro: once xovencos, dous carneiros, catorce años dun ano sen defecto; 21e tamén a súa oblación e mais as súas libacións polos xovencos, os carneiros e os años, segundo o número deles, conforme o regulamentado. 22Ademais diso, un macho cabrún en sacrificio polo pecado, á parte do holocausto perpetuo, a súa oblación e mais a súa libación.
23No día cuarto: dez xovencos, dous carneiros, catorce años dun ano sen defecto; 24A súa oblación e mais as súas libacións polos xovencos, os carneiros e os años, segundo o número deles, conforme ó regulamentado. 25Ademais diso, un macho cabrún en sacrificio polo pecado, á parte do holocausto perpetuo, a súa oblación e mais a súa libación.
26No día quinto: nove xovencos, dous carneiros, catorce años dun ano sen defecto; 27coa súa oblación e mais as súas libacións polos xovencos, os carneiros e os años, segundo o número deles, conforme o regulamentado. 28Ademais diso, un macho cabrún en sacrificio polo pecado, amais do holocausto perpetuo e a súa oblación e mais a súa libación.
29No día sexto: oito xovencos, dous carneiros, catorce años dun ano sen defecto; 30coa súa oblación e mais as súas libacións polos xovencos, os carneiros e os años, segundo o número deles, conforme o regulamentado. 31Ademais diso, un macho cabrún en sacrificio polo pecado, á parte do holocausto perpetuo, a súa oblación e mais a súa libación.
32No día sétimo: sete xovencos, sete carneiros, catorce años dun ano sen defecto; 33coa súa oblación e mais as súas libacións polos xovencos, os carneiros e os años, segundo o número deles, conforme o regulamentado. 34Ademais diso, un macho cabrún en sacrificio polo pecado, á parte do holocausto perpetuo, a súa oblación e mais a súa libación.
35No día oitavo teredes a asemblea; non faredes obra ningunha servil. 36Ofreceredes un holocausto, sacrificio de aroma grato ó Señor: un xovenco, un carneiro, sete años dun ano sen defecto; 37coa súa oblación e mais as súas libacións correspondentes polos xovencos, o carneiro e os años, segundo o número deles, conforme o regulamentado. 38Ademais diso, un macho cabrún en sacrificio polo pecado, á parte do holocausto perpetuo, a súa oblación e mais a súa libación.
39Tales son as cousas que faredes en honra do Señor nas vosas solemnidades, á parte dos vosos votos e ofrendas voluntarias, dos vosos holocaustos, oblacións, libacións e mais sacrificios pacíficos".
Currently Selected:
Números 29: ABGS
Highlight
Share
Compare
Copy
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT