YouVersion Logo
Search Icon

Números 28

28
Sacrificios e festas
1O Señor díxolle a Moisés:
2—"Ordénalles ós fillos de Israel: Coidaredes de me ofrecer ó seu tempo a miña ofrenda, o manxar debido, como sacrificio de grato recendo ó ser queimado. 3Tamén lles dirás: Este é o sacrificio para ser queimado que tendes de ofrecer ó Señor: años dun ano sen defecto, dous cada día, en holocausto perpetuo. 4O primeiro año ofrecerédelo pola mañá, e o segundo á tardiña; 5con quilo e medio de flor de fariña, como oblación amasada cun litro de aceite refinado. 6Tal é o holocausto perpetuo que foi ofrecido no monte Sinaí de grato aroma, sacrificio para o Señor. 7E a súa correspondente libación de viño de uva será dun litro por cada año; no Santuario hase verter a libación, bebida fermentada para o Señor. 8O segundo año ofreceralo á tardiña: farás como para a oblación da mañá e a mesma libación. É un sacrificio con lume de grato aroma para o señor.
9No día de sábado ofreceredes dous años dun ano sen defecto e, como oblación, dous quilos e medio de flor de fariña amasada no aceite, coa súa correspondente libación. 10É o holocausto de cada sábado, que se engade ó holocausto perpetuo e mais á súa libación.
11Cada día primeiro de mes ofreceredes en holocausto ó Señor dous xovencos, un carneiro, sete años dun ano, sen defecto; 12e tamén catro quilos de flor de fariña en oblación amasada no aceite, por cada un dos xovencos; dous quilos e medio de flor de fariña amasada no aceite, como oblación polo carneiro; 13e un quilo e medio de flor de fariña, como oblación amasada en aceite, por cada año. É un holocausto de aroma grato, un sacrificio con lume para o Señor. 14E as súas libacións serán: dous litros e medio de viño por xovenco, un litro e medio por carneiro e un litro por cada año. Tal é o holocausto mensual, de cada mes, para os meses do ano. 15Tamén un chibo en sacrificio polo pecado: ofrecerase, coa súa libación, ademais do sacrificio perpetuo.
A Pascua
16No mes primeiro, no día catorce do mes, é a Pascua do Señor. 17O día quince dese mes é a festa; comeranse pans ácimos durante sete días. 18O día primeiro haberá asemblea santa; non faredes obra ningunha servil. 19Ofreceredes en sacrificio como holocausto ó Señor, dous xovencos, un carneiro e sete años dun ano, sen defecto. 20A súa oblación será de flor de fariña amasada en aceite: catro quilos polo xovenco e dous quilos e medio polo carneiro. 21Ofreceredes un quilo e medio por cada un dos sete años. 22Ademais, un chibo en sacrificio polo pecado para facerdes expiación por vós. 23Faredes tales ofrendas sen contardes o holocausto da mañá, que forma parte do holocausto perpetuo. 24Faredes isto cada un dos sete días: é un alimento, sacrificio con lume de grato aroma para o Señor. Farase coa súa libación, ademais do holocausto perpetuo. 25No sétimo día celebraredes unha asemblea santa e non faredes nel obra ningunha servil.
26O día das Primicias, cando ofrezades unha oblación nova ó Señor, na vosa festa das Semanas, teredes unha asemblea santa; non faredes nela obra ningunha servil. 27Ofreceredes en holocausto de aroma grato para o Señor dous xovencos, un carneiro, sete años dun ano. 28A súa oblación de flor de fariña amasada no aceite consistirá en catro quilos por cada xovenco, dous quilos e medio polo único carneiro, 29e un quilo e medio por cada un dos sete años, 30Ademais un chibo para facer expiación por vós. 31Ofreceredes isto ademais do holocausto perpetuo e a súa oblación. Escollerédelos sen defecto, coas súas libacións correspondentes.

Currently Selected:

Números 28: ABGS

Highlight

Share

Compare

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in

Video for Números 28