Números 26
26
Novo censo dos israelitas
1Aconteceu que despois da praga, díxolles o Señor a Moisés e a Elazar, fillo do sacerdote Aharón: 2—"Facede o censo de toda a comunidade dos fillos de Israel desde os vinte anos para arriba, conforme as súas casas patriarcais, e todos os aptos para o servizo militar en Israel". 3Moisés e mais Elazar, sacerdote, faláronlles, pois, nas planicies de Moab, xunto ó Xordán, preto de Xericó, dicindo: 4—"Vaise facer un censo desde a idade de vinte anos para arriba, conforme o Señor ordenara a Moisés".
Os fillos de Israel que saíran do país de Exipto foron:
5Rubén, primoxénito de Israel. Fillos de Rubén: de Henoc, a familia dos henoquitas; de Palú, a familia dos paluítas; 6de Hesrón, a familia dos hesronitas; de Carmí, a familia dos carmitas. 7Tales son as familias dos rubenitas, e o seus alistados foron corenta e tres mil setecentos trinta. 8Fillos de Palú: Eliab. 9Os fillos de Eliab: Nemuel, Datán e Abiram, que son os membros do consello da comunidade, que se levantaran contra Moisés e Aharón na sedición de Coré, cando se levantaron contra o Señor. 10(Entón a terra abriu a súa boca e enguliunos xuntamente con Coré; así morreron os da sedición, devorando o lume douscentos cincuenta homes, para que servisen de escarmento; 11mais os fillos de Coré non morreron).
12Fillos de Simeón segundo as súas familias: de Nemuel, a familia dos nemuelitas; de Iamín, a familia dos iaminitas; de Iaquín, a familia dos iaquinitas; 13de Zérah, a familia dos zarhitas; de Xaúl, a familia dos xaulitas. 14Tales son as familias dos simeonitas: 22.200.
15Fillos de Gad segundo as súas familias: de Sefón, a familia dos sefonitas; de Haguí, a familia dos haguitas; de Xuní, a familia dos xunitas; 16de Ozní, a familia dos oznitas; de Erí, a familia dos eritas; 17de Arod, a familia dos aroditas; de Arelí, a familia dos arelitas. 18Tales son as familias dos fillos de Gad conforme os seus alistados: 40.500.
19Fillos de Xudá: Er e Onán; pero Er e Onán morreron no país de Canaán. 20Despois os fillos de Xudá, segundo as súas familias foron: de Xelah, a familia dos xelanitas; de Peres, a familia dos peresitas; de Zérah, a familia dos zeranitas. 21Os fillos de Peres foron: de Hesrón, a familia dos hesronitas; de Hamul, a familia dos hamulitas. 22Tales son as familias de Xudá conforme os seus rexistros: 76.500.
23Fillos de Isacar, segundo as súas familias: de Tolá, a familia dos tolaítas; de Puvah, a familia dos puvitas; 24de Iaxub, a familia dos iaxubitas; de Ximrón, a familia dos ximronitas. 25Tales son as familias de Isacar, conforme os seus rexistros: 64.300.
26Fillos de Zebulón segundo as súas familias: de Séred, a familia dos sarditas; de Elón, a familia dos elonitas; de Iahlel, a familia dos iahlelitas. 27Tales son as familias dos zebulonitas conforme os seus rexistros: 60.500.
28Fillos de Xosé segundo as súas familias: Menaxés e Efraím. 29Fillos de Menaxés: de Maquir, a familia dos maquiritas. Maquir xerou a Galaad. De Galaad, a familia dos galaaditas. 30Estes son os fillos de Galaad: de Iézer, a familia dos iezeritas; de Hélec, a familia dos helquitas; 31de Asriel, a familia dos asrielitas; de Xequem, a familia dos xequemitas; 32de Xemidá, a familia dos xemidaítas; de Héfer, a familia dos heferitas. 33Selofad, fillo de Héfer, non tivo fillos, senón fillas, e os nomes das fillas de Selofad foron: Mahlah, Noah, Hoglah, Milcah e Tirsah. 34Tales son as familias de Menaxés e os seus rexistrados eran 52.700. 35Estes son os fillos de Efraím segundo as súas familias: de Xutélah, a familia dos xutelahítas; de Béquer, a familia dos bequeritas; de Táhan, a familia dos tahanitas, 36fillos de Xutélah: de Erán, a familia dos eranitas. 37Tales son as familias dos fillos de Efraím conforme os seus rexistros: 32.500. Estes son os fillos de Xosé segundo as súas familias.
38Fillos de Benxamín segundo as súas familias: de Bela, a familia dos belaítas; de Axbel, a familia dos axbelitas; de Ahiram, a familia dos ahiramitas; 39de Xufam, a familia dos xufamitas; de Hufam, a familia dos hufamitas. 40Fillos de Bela foron: Ered e Naamán. De Ered, a familia dos ereditas; e de Naamán, a familia dos naamitas. 41Tales son os fillos de Benxamín segundo as súas familias, e os seus rexistrados: 45.600.
42Estes son os fillos de Dan segundo as súas familias: de Xuham, a familia dos xuhamitas. Tales son as familias de Dan segundo as súas familias. 43Todas as familias xuhamitas, segundo os seus rexistrados: 64.400.
44Fillos de Axer segundo as súas familias: de Iemnah, a familia dos iemnaítas; de Iesui, a familia dos iesuítas; de Beriah, a familia dos beriitas. 45Dos fillos de Beriah: de Héber, a familia dos heberitas; de Malquiel, a familia dos malquielitas. 46O nome da filla de Axer era Sárah. 47Tales son as familias dos fillos de Axer conforme ós seus rexistros: 53.400.
48Fillos de Naftalí segundo as súas familias: de Iahsel, a familia dos iahselitas; de Guní, a familia dos gunitas; 49de Iéser, a familia dos ieseritas; de Xilem, a familia dos xilemitas. 50Tales son as familias de Naftalí segundo as súas familias e os seus rexistros, 45.400.
51Estes son os rexistrados dos fillos de Israel: 601.730.
52O Señor díxolle a Moisés: 53—"A estes seralles repartido o país en concepto de herdanza, conforme o número de inscritos. 54Os máis numerosos formaraslles unha herdade grande e ós máis pequenos formaraslles unha herdade menor; a cada un daraslles a súa herdanza conforme os seus rexistrados. 55Soamente por sorte se repartirá a terra; herdarán segundo os nomes das tribos dos pais. 56Por sortes repartirás a herdanza, entre o numeroso e o pequeno".
57E estes son os rexistrados dos levitas segundo as súas familias: de Guerxón, a familia dos guerxonitas; de Quehat, a familia dos quehatitas; de Merarí, a familia dos meraritas. 58Tales son as familias de Leví: a familia dos lobnitas, a familia dos hebronitas, a familia dos mahlitas, a familia dos muxitas, a familia dos coreítas. Quehat xerou a Amram. 59O nome da muller de Amram era Ioquébed, filla de Leví, que lle naceu a Leví en Exipto. Ela xerou a Amram, a Aharón, Moisés e mais a María, súa irmá. 60A Aharón nacéronlle Nadab, Abihú, Elazar e Itamar. 61Nadab e Abihú morreron ó ofreceren eles un lume profano ante o Señor. 62Os seus rexistrados foron 23.000, todos varóns dun mes para arriba. Estes non foran rexistrados entre os fillos de Israel, porque non se repartira herdanza entre eles.
63Tales son os empadroados por Moisés e Elazar, sacerdote, que fixeron o censo dos fillos de Israel nas planicies de Moab, xunto ó Xordán, cerca de Xericó. 64Entre eles non existía xa ningún dos rexistrados por Moisés e polo sacerdote Aharón, que fixeran o censo dos fillos de Israel no deserto de Sinaí. 65O Señor dixera deles: —"Morrerán todos no deserto". De feito, non quedou ningún deles, se non é Caleb, fillo de Iefuneh, e Xosué, fillo de Nun.
Currently Selected:
Números 26: ABGS
Highlight
Share
Compare
Copy
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT