YouVersion Logo
Search Icon

Miqueas 2

2
Contra os explotadores
1Ai dos que maquinan iniquidade e obras de ruindade nos seus leitos!
Coa luz da alba póñenas por obra, pois están no poder das súas mans.
2Cobizan campos e róubanos; e tamén casas, e levántanse con elas.
Oprime ó home e mais a súa familia, a unha persoa e mais a súa herdanza.
3Por isto, así fala o Señor:
"Velaí: matino contra esta xeración unha desgraza,
e non poderedes apartar os vosos pescozos,
nin poderedes camiñar dereitos, pois será a hora da desgraza.
4O día aquel entoarase contra vós unha sátira,
cantarase unha elexía xa está feita e dirase:
Róubannos completamente, levarán o quiñón do meu pobo.
Como se aparta de min! Como fai o invasor as partillas dos nosos campos!"
5Por isto non teredes na asemblea do Señor,
quen bote o cordel sobre a porción.
Diálogo dos que se opoñen ó profeta
(Opositores):
6"Non embelequedes os pasmóns. (Eles son os que embelecan os pasmóns!).
Non embelequedes os pasmóns con estas cousas.
A ofensa cesará. 7Ese oráculo é para a casa de Xacob?
Esgotouse o poderoso Espírito do Señor? Son estes os seus feitos?
Acaso non lle prestan ben as súas palabras a quen se comporta rectamente?"
(Profeta):
8"Pero, vós non sodes o meu pobo, xa que vos erguedes coma inimigos.
A quen consente en deixar o manto ordinario, arrebatádeslle o vestido precioso.
Os que pasan confiados, facédelos volver á guerra.
9As mulleres do meu pobo botádelas das súas casas.
Arrebatades para sempre ós meniños do meu pobo a gloriosa liberdade que eu lles dou.
10Levantádevos e marchade, que isto non está para descansos! Pola falta de pureza.
11Pois se alguén andase embelecando con vento e mentira, eu faría que un, movido polo viño e polo licor, embelecase os pasmóns:
el sería o profeta que embelecase a este pobo.
12Reunirei a Xacob, a ti enteiro, recollerei o resto de Israel.
Xuntareinos coma as ovellas no curral,
coma rabaño no seu pasteiro,
e non terán medo de ninguén.
13O que abre camiño sobe diante deles,
abrirán, pasarán pola porta e sairán.
O seu rei pasará diante deles. O Señor, á cabeza!"

Currently Selected:

Miqueas 2: ABGS

Highlight

Share

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in