Levítico 18
18
Honestidade da vida matrimonial
1Faloulle o Señor a Moisés:
2—"Fálalles ós fillos de Israel e dilles: Eu son o Señor, o voso Deus. 3Non vos comportedes conforme os costumes de Exipto, onde morastes, nin vos afagades ós costumes de Canaán, onde eu vos vou facer entrar, nin vos guiedes alí polas súas leis. 4Obedeceredes os meus mandamentos, e cumpriredes os meus estatutos, acomodándovos a eles. Eu son o Señor, o voso Deus. 5Aprenderedes os meus decretos e gardaredes os meus estatutos, e viviredes neles cada un de vós. Eu son o Señor. 6Ningún de vós se achegará a ningunha persoa consanguínea para lle descubrir a súa nudez. Eu son o Señor. 7Non descubrirás a nudez do teu pai nin a da túa nai; pois ela é túa nai, non descubrirás a súa nudez. 8Non descubrirás la nudez da muller do teu pai, pois é a nudez de teu pai. 9Non descubrirás a nudez da túa irmá, filla do teu pai ou de túa nai; sexa nacida na casa, ou fóra dela, non descubrirás a súa nudez. 10Non descubrirás s nudez da filla do teu fillo, nin a da filla da túa filla, pois é a túa propia nudez. 11Non descubrirás la nudez da filla dunha muller de teu pai, xerada polo teu pai: ela é túa irmá. 12Non descubrirás a nudez da irmá de teu pai: ela é carne do teu pai. 13Non descubrirás a nudez da irmá da túa nai: ela é carne da túa nai. 14Non descubrirás a nudez do irmán de teu pai, é dicir, non te achegarás á muller del: ela é túa tía. 15Non descubrirás a nudez da túa nora: é a muller do teu fillo; de ningún xeito descubrirás a súa nudez. 16Non descubrirás a nudez da muller do teu irmán: é a nudez do teu irmán. 17Non descubrirás a nudez dunha muller e da súa filla; nin lle collerás a filla dun fillo seu, nin a dunha filla súa, para descubrir a súa nudez, pois son do seu sangue. Sería unha infamia. 18Non collerás a irmá da túa muller, pois faríala a súa rival; nin lle descubrirás a súa nudez mentres viva a túa muller.
19Non te achegarás a ningunha muller nos días da súa menstruación, para lle descubrir a súa nudez. 20Non te deitarás coa muller do teu próximo: faríaste impuro con ela. 21Non permitirás que ningún dos teus descendentes adore a Molok, manchando o nome do teu Deus. Eu son o Señor. 22Non te deitarás con ningún home, coma se fose muller: é unha abominación. 23Non terás trato sexual con ningún animal: faríaste impuro con el. Ningunha muller se porá diante dun animal para se emparellar con el: é unha perversidade. 24Non vos contaminaredes con ningunha destas cousas, pois con todas estas cousas se contaminaron as xentes que vou expulsar eu de diante de vós. 25Por teren contaminado o país, determinei castigar o seu pecado, de tal sorte que a mesma terra foi a que vomitou ós seus habitantes. 26Vós gardaredes os meus mandamentos e os meus estatutos, e non faredes ningunha destas abominacións: nin os nativos nin os estranxeiros, que moran no medio de vós. 27Pois todas estas abominacións cometeron os homes deste país, que tendes diante de vós, e contaminaron a terra. 28Que non vos teña que vomitar esta terra por contaminala, como vomitou as xentes que a habitaron antes ca vós. 29Calquera que cometa algunha destas abominacións será exterminado do medio do meu pobo, por facer tal cousa. 30Obedeceredes o que vos mando e xamais non faredes cousa contraria ós meus estatutos verbo das abominacións que se cometeron antes de vós, e non vos contaminaredes con elas. Eu son o Señor o voso Deus".
Currently Selected:
Levítico 18: ABGS
Highlight
Share
Compare
Copy
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT