YouVersion Logo
Search Icon

Levítico 12

12
Purificación da que deu a luz
1Faloulle o Señor a Moisés:
2—"Fálalles ós fillos de Israel e dilles: A muller que xerou e deu a luz un fillo varón, quedará impura por sete días. Neste tempo manterase separada, coma nos días da menstruación: será impura. 3No oitavo día será circuncidado o meniño, 4e durante trinta e tres días ela seguirase purificando do sangue. Non tocará cousa sagrada, nin entrará no lugar santo, ata que pasen todos os días da súa purificación. 5Se deu a luz unha filla, quedará impura durante dúas semanas, coma na súa menstruación, e seguirase purificando do sangue durante outros sesenta e seis días. 6Pasados os días da súa purificación polo fillo ou pola filla, presentará á porta da Tenda do Encontro, como holocausto, un año dun ano e un pombiño ou unha rula, como oblación polo pecado. Darallos ó sacerdote, 7que os ofrecerá diante do Señor e expiará por ela e quedará purificada. Esta é a lei para a muller, que deu a luz un fillo ou unha filla. 8Se a muller, porén, non tivese ovellas abondo, ofrecerá dúas rulas ou dous pombiños: un como holocausto e outro como vítima expiatoria. O sacerdote expiará por ela, e quedará purificada".

Currently Selected:

Levítico 12: ABGS

Highlight

Share

Compare

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in