YouVersion Logo
Search Icon

Xosué 20

20
As vilas de refuxio
1E díxolle o Señor a Xosué:
2—"Fálalles ós fillos de Israel, e dilles: Escollede para vós as cidades de refuxio, tal como vos prometín por medio de Moisés, 3de xeito que poida fuxir a elas o homicida que matase a alguén por erro, non de grado; e serviranvos de refuxio verbo do vingador do sangue. 4O homicida fuxirá a unha desas cidades, e deterase no limiar da porta, e contaralles o seu caso ós anciáns da cidade aquela; e acollerano na vila e daranlle un lugar para morar entre eles. 5E, aínda que o vingador do sangue o persiga, eles non entregarán o homicida nas súas mans, pois non de grado matou ó seu próximo, a quen antes non odiara. 6E morará na cidade aquela ata que teña o xuízo da asemblea, e ata a morte do Sumo Sacerdote de entón. Daquela volverá o homicida e entrará na súa vila e na súa casa, na cidade da que fuxira".
7E escolleron a Quédex, en Galilea, na serra de Naftalí, a Xequem, na serra de Efraím, e a Quiriat—Arbá —que é Hebrón—, na serra de Xudá.
8E na outra banda do Xordán, ó oriente de Xericó, sinalaron a Béser, no deserto, á altura da tribo de Rubén; a Ramot, en Galaad, da tribo de Gad; e a Golán, no Baxán, da tribo de Menaxés.
9Esas foron as cidades de refuxio para todos os fillos de Israel, e mais para o forasteiro que andase no medio deles, para fuxir alí todo o que mate a alguén non de grado, de xeito que non morra a mans do vingador do sangue, namentres non compareza diante da asemblea.

Currently Selected:

Xosué 20: ABGS

Highlight

Share

Compare

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in