Xosué 19
19
A partilla de Simeón
1O segundo lote foi para Simeón, para a tribo dos fillos de Simeón, segundo as suás familias, e tiveron os seus eidos no medio da herdanza dos fillos de Xudá. 2E tocoulles en herdanza Beerxeba, Xeba, Moladah, 3Hásar—Xual, Balah, Sem, 4Eltolad, Betul, Hormah, 5Siclag, Bet—Marcabot, Hasar—Susah, 6Bet—Lebaot e Xeruhén: trece cidades e as súas aldeas: 7In, Rimón, Éter e Axán: catro cidades e as súas aldeas; 8e mais todas as aldeas que hai arredor desas cidades ata Balat—Beer (que é Ramat do Sur). Esta era a herdanza da tribo dos fillos de Simeón, segundo as súas familias.
9Da partilla dos fillos de Xudá, tocoulles herdanza ós fillos de Simeón, pois o lote dos fillos de Xudá era de máis para eles; e herdaron os fillos de Simeón no medio do territorio daqueles.
A partilla de Zebulón
10O terceiro lote foi para os fillos de Zebulón, segundo as súas familias, e chegou o lindeiro da súa herdanza ata Sarid. 11De aí subía cara ó occidente, e a Maralah, e chegaba a Dabéxet e mais ó torrente que está enfronte de Iocneam. 12E volvía de Sarid cara ó oriente —á saída do sol—, ata o extremo de Quislot—Tabor, prolongábase ata Daberat, e subía a Iafía. 13Desde alí pasaba cara ó oriente, a Guitah—Hérfer e Itah—Casín, e saía a Rimón—Metoar e a Neah. 14Despois dobraba cara ó norte, a Hanatón, e remataba no val de Iefteel.
15Con Catat, Nahalal, Ximrón, Idalah e Belén, son doce cidades coas súas aldeas. 16Esta é a herdanza dos fillos de Zebulón, segundo as súas familias: esas cidades, coas súas aldeas.
A partilla de Isacar
17O cuarto lote que saíu foi para Isacar: para os fillos de Isacar, segundo súas familias. 18O seu lindeiro ía cara a Iezrael Quesulot, Xunem, 19Hafaraim, Xión, Anaharat, 20Rabit, Quixión, Abes, 21Rémet, En—Ganim, En—Hadah e Ben—Passés. 22O lindeiro chega ó Tabor, a Xahasimah e Bet—Xémex, e remata no Xordán. No total, dezaseis cidades e ás súas aldeas. 23Esta é a herdanza da tribo dos fillos de Isacar, segundo as súas familias: as cidades, coas súas aldeas.
A partilla de Axer
24O quinto lote que saíu foi para a tribo dos fillos de Axer, segundo as súas familias. 25O seu lindeiro ía por Helcat, Halí, Beten, Acxaf, 26Alamélec, Amad e Mixal; e polo Occidente chegaba ó Carmelo e mais a Xihor—Libnat. 27volvía cara ó oriente, a Bet—Dagón, e chegaba a Zebulón e mais á parte norte do val de Iefteel, e Bet—Émec e Neiel, e saía pola esquerda a Cabul, 28Hebrón, Rehob, Hamón e Canah, ata Sidón a Grande. 29O lindeiro xiraba cara a Ramah e ata a Forteza de Tiro, e volvía a Hosah, para saír ó mar pola parte de Aczib. 30Collía tamén Umah, Afec e Rehob: no total, vinte e dúas cidades coas súas aldeas. 31Esta era a herdanza da tribo dos fillos de Axer, segundo as familias: esas cidades e mais as súas aldeas.
A partilla de Naftalí
32O sexto lote que saíu foi para a tribo de Naftalí: para os fillos de Naftalí, segundo as súas familias. 33O seu lindeiro ía desde Hélef —desde a aciñeira de Saananim, Adamí—Néqueb e Iabneel, ata Lacum e prolongábase ata o Xordán; 34voltaba polo occidente a Asnot—Tabor, dirixíase desde ali a Hucoc, chegaba a Zebulón polo sur, e tiña a Axer polo occidente e o Xordán polo oriente. 35Collía tamén as cidades de defensa, de Sidim, Ser, Hamat, Racat, Quinéret, 36Adamah, Ramah, Hasor, 37Quédex, Edrei, En—Hasor, 38Irón, Migdal—El, Harem, Bet—Anat e Bet—Xémex: dezanove cidades coas súas aldeas.
39Esta era a herdanza da tribo dos fillos de Naftalí, segundo as súas familias: esas cidades e mais as súas aldeas.
A partilla de Dan
40O sétimo lote que saíu foi para a tribo dos fillos de Dan.
41O lindeiro da súa herdanza collía Sorah, Extaol, Ir—Xémex, 42Xaalabín, Aialón, Itlah, 43Elón, Timnátah, Ecrón, 44Eltequeh, Guibetón, Baalat, 45Ihud, Bené—Berac, Gat—Ri—món, 46Me—Iarcón, e mais Racón, co lindeiro enfronte de Iafa.
47O lindeiro dos fillos de Dan saía fóra do seu territorio, pois os fillos de Dan foron e loitaron contra Léxem e ocupárona; despois, pasárona pola espada e posuírona e habitaron nela. E chamaron a Léxem, Dan, coma o seu devanceiro. 48Esta era a herdanza dos fillos de Dan, segundo as súas familias: esas cidades, e mais as súas aldeas.
A herdanza de Xosué
49Cando remataron de distribuír a terra segundo os seus lindeiros, os fillos de Israel deron herdanza a Xosué, fillo de Nun, no medio de eles, 50cumprindo co mandato do Señor. Déronlle a cidade que pediu: Timnat——Sérah, na serra de Efraím. Entón edificou a cidade e habitou nela.
Conclusión das partillas
51Estes son os territorios que herdaron o sacerdote Elazar e Xosué, fillo de Nun, e os xefes de familia das tribos dos fillos de Israel, por sortes, en Xiloh, diante do Señor, á porta da Tenda do Encontro e remataron así de repartir o país.
Currently Selected:
Xosué 19: ABGS
Highlight
Share
Compare
Copy
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT