YouVersion Logo
Search Icon

Xonás 4

4
Desgusto de Xonás e revelación de Deus
1Isto causoulle a Xonás un grande desgusto e enfadouno.
2Rezoulle así ó Señor:
Ai, Señor! Non é isto o que eu dicía, cando estaba na miña terra? Por iso me adiantei a primeira vez e fuxín a Tárxix: porque sabía que Ti es un Deus compasivo e misericordioso, lento para a ira e rico en bondade, e que te arrepintes da ameaza. 3Pois agora, Señor, tírame a vida, pídocho!; porque para min é mellor morrer que vivir.
4Respondeulle o Señor:
É xusto que te enfades?
5Xonás saíra xa da cidade e vivía ó leste dela, onde fixera para si unha cabana. Estaba sentado debaixo dela á sombra, esperando a ver que pasaba na cidade.
6Entón o Señor Deus dispuxo unha árbore de rícino, que medrou por enriba de Xonás para darlle sombra á súa cabeza e deste xeito libralo do seu mal xenio. Alegrouse inmensamente Xonás por mor do rícino. 7Cando subía a alba para o outro día, dispuxo Deus un verme que picou o rícino, e este secou. 8Cando o sol apertaba, mandou Deus un abrasador vento soán, e o sol deulle na cabeza a Xonás, que se sentía esmorecer. Entón desexou con ansia a morte e dixo: Éme mellor morrer que vivir.
9Díxolle Deus a Xonás:
É xusta a túa carraxe por mor do rícino?
Respondeulle:
Si, é xusto que eu me enfade ata desexar a morte.
10Repúxolle o Señor:
Ti estás aflixido por un rícino que non traballaches nin o fixeches medrar, que durante unha noite se forma e durante outra noite perece. 11E non me vou eu aflixir e compadecer da grande cidade de Nínive, onde hai máis de cento vinte mil persoas que non distinguen entre a súa dereita e a súa esquerda, a máis de moitos animais?

Currently Selected:

Xonás 4: ABGS

Highlight

Share

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in