YouVersion Logo
Search Icon

Xonás 3

3
Xonás en Nínive
1Veulle de segunda vez a palabra do Señor a Xonás:
2Érguete, vai a Nínive, a grande cidade, e proclámalle a mensaxe que eu che dei.
3Xonás ergueuse e marchou a Nínive, conforme á palabra do Señor. Nínive era unha cidade enormemente grande, de tres días para atravesala.
4Xonás comezou a entrar na cidade o camiño dun día e predicaba así:
Dentro de corenta días Nínive será destruída.
5Os homes de Nínive creron en Deus e proclamaron o xaxún. Vestíronse de saco desde o máis grande ó máis pequeno.
6A mensaxe chegou tamén ó rei de Nínive, que se ergueu do seu trono, quitou os seus vestidos rexios, cubriuse de saco, sentouse no po, 7e fixo proclamar e impoñer en Nínive coma decreto do rei e dos seus grandes:
Homes e animais, vacas e ovellas non proben nada, non pazan nin beban auga; 8cúbranse de saco homes e animais, e clamen con forza a Deus. Convértase cada un do seu mal camiño e da violencia que se lle apegou ás mans. 9Quen sabe? Quizais Deus cambie de parecer, se compadeza, apague o incendio da súa ira e así non perezamos.
10Viu Deus as súas obras, como se convertían do seu mal camiño, e arrepentiuse do mal que dixera que lles ía facer, e non llelo fixo.

Currently Selected:

Xonás 3: ABGS

Highlight

Share

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in