YouVersion Logo
Search Icon

Xonás 2

2
O Señor salva a Xonás
1Mentres, o Señor dispuxo un grande peixe para que engulise a Xonás.
Estivo nas entrañas do peixe tres días e tres noites.
2Desde as entrañas do peixe rezoulle Xonás ó Señor, o seu Deus:
3Desde a miña angustia chamei ó Señor e escoitoume;
desde o ventre do abismo pedín auxilio, e escoitaches a miña voz.
4Botáchesme nas profundidades, no corazón do mar; e envolvíame a corrente.
Os teus golpes de mar e mais s túas ondas pasaron todas sobre min.
5Pero eu pensei: apartáronme lonxe da presenza dos teus ollos; como poderei seguir mirando cara ó teu santo templo?
6Asolagoume a auga ata a gorxa, envólveme o abismo; as algas ensaríllanse na cabeza,
7onde enraízan as montañas.
Baixei ó profundo da terra: o seu ferrollo pechouse tras de min para sempre.
Pero sacaches a miña vida da foxa, Señor, meu Deus.
8Cando se debilitaban os meus folgos, lembreime do Señor,
e a miña oración chegou a ti, ó teu santo templo.
9Os fanáticos dos ídolos que nada son, abandonan a súa fidelidade.
10Pero eu ofrecereiche un sacrificio cantando a miña acción de grazas.
O que prometín cumprireino.
A salvación está no Señor.
11Entón o Señor deulle orde ó peixe, e este vomitou a Xonás en terra firme.

Currently Selected:

Xonás 2: ABGS

Highlight

Share

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in