YouVersion Logo
Search Icon

Xeremías 39

39
Coa caída de Xerusalén e de Sedecías cúmprense as palabras de Xeremías
1No ano noveno de Sedecías, rei de Xudá, no mes décimo, veu Nabucodonosor, rei de Babilonia, e todos os seus exércitos a Xerusalén, e rodeárona. 2No ano undécimo de Sedecías no mes cuarto, o nove do mes, abriron brecha na cidade. 3Todos os xenerais do rei de Babilonia entraron nela, e sentáronse na porta central: Nergal, príncipe de Éser, Samgar—Nebú, príncipe de Sequim, gran xefe de eunucos e todo o resto dos xenerais do rei de Babilonia. 4E sucedeu que cando os viron Sedecías, rei de Xudá e todos os homes de guerra, fuxiron a correr da cidade de noite, a través do xardín do rei, pola porta entre os dous muros, e saíron camiño da Arabah. 5Pero os exércitos dos caldeos perseguíronos e déronlle alcance a Sedecías nas chairas de Xericó; collérono e levárono a Riblah, na rexión de Hamat onda Nabucodonosor, rei de Babilonia, quen ditou sentencia contra el. 6O rei de Babilonia fixo matar a todos os fillos de Sedecías na súa presenza, en Riblah; e a todos os nobres de Xudá tamén os fixo morrer o rei de Babilonia. 7Tamén cegou os ollos de Sedecías e o atou con dúas cadeas de bronce para levalo a Babilonia. 8Os caldeos prendéronlle lume ó palacio real e ás casas do pobo, e botaron abaixo as murallas de Xerusalén 9e ó resto do pobo que quedaba na cidade, e ós desertores que se pasaran a Nabucodonosor e a todos os restantes, levounos cativos a Babilonia Nebuzardán, xefe da garda persoal. 10Pero ós pobres de entre o pobo, que non tiñan nada, deixounos quedar Nebuzardán, xefe da garda persoal, no país de Xudá, e entregoulles aquel día as viñas e os campos.
Especial consideración de Nabucodonosor co profeta
11Nabucodonosor, rei de Babilonia, deulle estas ordes a Nebuzardán, xefe da garda persoal, acerca de Xeremías:
12Cólleo ó teu cargo e mira por el; non lle fagas nada malo: máis ben cúmprelle o que che pida.
13Nebuzardán, xefe da garda persoal, Sangar—Nebú, xefe dos eunucos, Nergal, príncipe de Éser e xeneralísimo, e todos os xefes do rei de Babilonia 14mandaron buscar a Xeremías ó patio da garda e entregáronllo a Guedalías, fillo de Ahicam, fillo de Xafán, para que o deixase ir á súa casa e vivir entre o pobo.
Oráculo Salvífico de agradecemento para Ébed-Mélec
15Cando estaba preso Xeremías no patio da garda veulle a palabra do Señor nestes termos:
16—Vai, e dille isto a Ébed—Mélec, o etíope:
Así fala o Señor dos Exércitos, Deus de Israel:
Eu vou traer as miñas palabras a esta cidade,
para mal e non para ben:
o día aquel cumpriranse na túa presenza.
17Pero a ti salvareite no día aquel —é o Señor quen fala—,
non serás entregado ó poder dos homes ós que lles tes medo;
18seguro que te salvarei e non caerás a espada,
e a túa vida será o teu botín,
pois confiaches en min —é o Señor quen fala—.

Currently Selected:

Xeremías 39: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in

Video for Xeremías 39