YouVersion Logo
Search Icon

Xeremías 26

26
ORÁCULOS SALVÍFICOS E EPISODIOS DA VIDA DO PROFETA
Discurso contra o templo e proceso de Xeremías. Martirio de Urías
1No comezo do reinado de Ioaquim, fillo de Ioxías, rei de Xudá, veu de parte do Señor este oráculo:
2Así fala o Señor: Ponte de pé no adro da Casa do Señor, e pronuncia contra todas as cidades de Xudá, que veñen adorar na Casa do Señor, cantas palabras che mandei comunicarlles sen deixar ningunha. 3Quizais che fagan caso e se converta cada un do seu mal comportamento, e así tamén eu me arrepentirei do mal que teño pensado facerlles por mor da ruindade dos seus feitos.
4Haslles dicir deste xeito: así fala o Señor:
"Se non me facedes caso cumprindo a Lei que vos puxen diante, 5escoitando as palabras dos meus servos os profetas, que vos mandei ben de madrugada e sen parar —pero non lles fixestes caso—, 6entón eu volverei este templo coma o de Xiloh e converterei esta cidade nunha sorte de maldición para todos os pobos do mundo".
7Os sacerdotes, os profetas e todo o pobo escoitaba a Xeremías, mentres el proclamaba no templo estas palabras. 8Logo, cando Xeremías acabou de dicir todo o que o Señor lle mandara dicir a todo o pobo, collérono os sacerdotes, os profetas e todo o pobo e dixéronlle: "Mereces a condena á morte, 9porque te atreves a profetizar no nome do Señor, dicindo que este templo se volverá coma o de Xiloh e que esta cidade se quedará nas ruínas e sen habitantes". Todo o mundo se puxo arredor, contra Xeremías, no templo.
10As autoridades de Xudá, cando souberon estas cousas, subiron desde o palacio real ó templo do Señor e sentáronse á entrada da porta nova do templo do Señor. 11Entón os sacerdotes e os profetas dixéronlles ás autoridades e a todo o pobo:
—Este home merece a pena de morte, xa que profetizou contra esta cidade, segundo vós mesmos oístes cos vosos oídos. 12Logo Xeremías respondeulles a todas as autoridades e ó pobo todo:
—O Señor mandoume a profetizar contra este templo e contra esta cidade todos os oráculos que vós oístes. 13Agora ben, mellorade o voso comportamento e os vosos feitos, e facédelle caso á chamada do Señor, voso Deus, e o Señor arrepentirase das ameazas que proferiu contra vós.
14E en canto a min, velaquí estou, no voso poder: tratádeme o mellor e máis xusto que vos pareza. 15De verdade, tede ben aprendido, que, se vós me facedes morrer, facedes culpables da morte dun inocente a vós mesmos, a esta cidade e ós seus habitantes, xa que, sinceramente, foi o Señor quen me mandou a vós, a anunciar todos estes oráculos de xeito que os entendades.
16As autoridades e todo o pobo dixéronlles ós sacerdotes e ós profetas:
—Este home non merece a pena de morte, vede que nos fala no nome de Iavé, o noso Deus.
17Logo uns homes dos anciáns da cidade erguéronse para lle dicir a toda a asemblea do pobo:
18Miqueas, o de Moréxet, que foi profeta durante o reinado de Ezequías, rei de Xudá, faloulle a todo o pobo de Xudá, dicíndolle: así fala o Señor dos Exércitos: Sión será arada coma un campo. Xerusalén será un montón de ruínas e o monte do templo volverase un outeiro.
19Acaso trataron de matalo Ezequías, rei de Xudá, e todo o seu pobo? Acaso non trataron de respectar o Señor, e de aplacar o seu rostro irado, para que o Señor se arrepentise do mal que lles anunciara? Nós imos cometer semellante barbaridade, que pagaremos coas nosas vidas.
20Había entón outro home que profetizaba no nome do Señor: Urías, fillo de Xemaías, natural de Quiriat Iearim. Predicaba contra esta cidade e contra este país oráculos do mesmo xeito cós de Xeremías. 21Logo que o rei Ioaquim, toda a súa garda e os seus ministros escoitaron os seus oráculos, o rei buscábao para matalo; pero sóuboo Urías, e cheo de medo fuxiu para Exipto. 22O rei Ioaquim mandou homes a Exipto: a Elnatán, fillo de Acbor e o seu destacamento. 23Sacaron a Urías de Exipto e leváronllo ó rei Ioaquim. O rei fíxoo morrer pola espada e botou o seu cadáver na fosa común.
24Pero Ahicam, fillo de Xafán, protexeu a Xeremías, para que non caese nas mans do pobo, que o quería matar.

Currently Selected:

Xeremías 26: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in

Video for Xeremías 26