YouVersion Logo
Search Icon

Xeremías 21

21
Anuncio da caída de Xerusalén
1Palabra que da parte do Señor lle veu a Xeremías, cando o rei Sedecías mandou a onda el a Paxhur, fillo de Malaquías, e ó sacerdote Sefanías, fillo de Maseías, para lle dicir:
2Por favor, consúltalle ó Señor da nosa parte, porque Nabucodonosor, rei de Babilonia, estanos atacando. Quen nos dera que o Señor nos tratase segundo as súas intervencións prodixiosas e o volvese incapaz de nos atacar!
3E Xeremías díxolles:
A Sedecías transmitídelle isto: 4Así fala o Señor, Deus de Israel:
"As armas que tendes nas vosas mans e coas que loitades, devólvollas eu ó rei de Babilonia e ós caldeos que vos cercan desde fóra da muralla, e heinas de xuntar no medio desta cidade. 5Eu en persoa loitarei contra vós, coa man estendida e con brazo forte, con ira, con noxo e con grande rabia. 6Farei ferir os habitantes desta cidade, homes e animais, que morrerán dunha grande peste.
7Despois disto —é o Señor quen fala— hei entregar a Sedecías, rei de Xudá, os seus servidores, o pobo, e os que nesta cidade queden con vida da peste, da espada e da fame, heinos de entregar nas mans de Nabucodonosor, rei de Babilonia, nas mans dos seus inimigos, e nas mans dos que atentan contra a súa vida. El pasaraos polo fío da espada, sen piedade, nin respecto, nin compaixón".
Invitación á deserción do pobo cercado
8A este pobo haslle dicir: —Así fala o Señor:
"Vede que poño diante de vós o camiño da vida
e o camiño da morte:
9o que siga vivindo nesta cidade morrerá de espada, de fame e de peste; o que saia e se renda ós caldeos, que vos están cercando, vivirá: así, cando menos, conservará a súa vida como botín.
10Poño a miña ira nesta cidade para mal e non para ben —é o Señor quen fala— e entrégoa na man do rei de Babilonia, para que a queime con lume".
A MONARQUÍA DE XUDÁ
Principais obrigacións da casa real
11Ollade, casa do rei de Xudá, escoitade a palabra do Señor:
12—Casa de David, así fala o Señor:
"Examinadores, administrade a xustiza,
librade o oprimido da man do opresor;
se non, a miña ira xurdirá coma lume,
queimará e non haberá quen a apague,
por mor da maldade dos seus feitos.
13Velaquí estou contra ti,
que dominas nos fortes e es a rocha dos xustos —é o Señor quen fala—:
vós sodes os que dicides:
quen baixará contra nós? Quen entrará nos nosos casais?
14Eu castigareivos
conforme o froito das vosas accións
—é o Señor quen fala—.
Prendereille lume ó seu bosque, e o lume consumirá todo no arredor".

Currently Selected:

Xeremías 21: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in

Video for Xeremías 21