A este pobo haslle dicir: —Así fala o Señor:
"Vede que poño diante de vós o camiño da vida
e o camiño da morte:
o que siga vivindo nesta cidade morrerá de espada, de fame e de peste; o que saia e se renda ós caldeos, que vos están cercando, vivirá: así, cando menos, conservará a súa vida como botín.