Xeremías 20
20
1Paxhur, fillo de Imer, sacerdote e inspector xefe do templo do Señor, oíu a Xeremías cando profetizaba estes oráculos. 2Paxhur fixo que lle desen unha tunda ó profeta Xeremías e meteuno no cepo que hai no templo do Señor xunto a porta maior de Benxamín.
3O día seguinte Paxhur sacou a Xeremías do cepo e entón díxolle Xeremías:
O Señor non te chama Paxhur, senón Magor Misabib. 4Así fala o Señor: "Olla que eu te constitúo en terror para ti e para todos os teus amigos, que caerán debaixo da espada dos seus inimigos e os teus ollos hano de ver, e entregarei a todo Xudá no poder do rei de Babilonia, que os levará cativos a Babilonia e os matará a espada. 5Entregareille todas as riquezas desta cidade, todo o froito do seu esforzo, todas as súas cousas apreciadas e todos os tesouros dos reis de Xudá: entregaréillelos ó poder dos seus inimigos, que os saquearán, roubarán e levarán a Babilonia. 6E ti, Paxhur, e todos os que viven na túa casa iredes á catividade; ti entrarás en Babilonia, onde morrerás e serás enterrado, ti e mais todos os teus amigos para os que profetizaches en falso".
Lamentación individual: profunda crise do profeta
7Señor, seducíchesme e deixeime seducir;
collíchesme e puideches comigo.
Sirvo a cotío de burla;
a destrución é o meu pan.
8Sempre que falo, teño que proclamar: Desastre!;
teño que clamar: Destrución!
A palabra do Señor volveuse para min un escarnio, unha burla continua.
9Se digo: "Non me vou acordar máis del,
non falarei máis no seu Nome",
entón a súa palabra vólvese coma un lume abrasador no meu corazón,
un lume prendido nos meus ósos;
fago forza por apagalo, pero non son capaz.
10Xa estou oíndo a sentencia,
aumenta o terror ó arredor:
"Denunciádeo, denunciémolo".
Todos os que se fiaban da miña mensaxe de paz,
agardan a miña caída:
"A ver se se deixa seducir: poderemos con el, e vingarémonos del".
11Polo Señor suspiro, como por un forte loitador;
por isto os meus perseguidores caen, non me poden.
Quedarán cubertos de vergonza porque non tiveron éxito,
non deixarán esquecida esta vergonza perpetua.
12Señor dos Exércitos, que pos a proba o xusto,
que ver os sentimentos e mais as intencións,
eu hei ver como te vingas deles,
pois a ti encomendei o meu preito.
13Cantádelle ó Señor,
loade o Señor,
pois libra a vida dun pobre do poder dos malvados.
Elexía pola propia sorte
14Maldito o día en que nacín!
O día en que me pariu a miña nai non sexa bendito!
15Maldito o home que lle deu boas novas a meu pai:
"Naceuche un fillo varón". Que alegría lle deu!
16Oxalá se volvese este home coma as cidades
que sen piedade destruíu o Señor;
oxalá oíse berros de mañá e o fragor da loita ó mediodía.
17Por que non me matou cando estaba no ventre?
A miña nai sería a miña sepultura;
o seu ventre, unha preñez para sempre.
18Por que saín do ventre para ver traballos e aflicións?
Por que os meus días se consomen na vergonza?
Currently Selected:
Xeremías 20: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT