Axeo 1
1
1No ano dous do rei Darío, no mes seis, o día primeiro do mes, veu a palabra do Señor por medio do profeta Axeo a Zerubabel, fillo de Xealtiel, gobernador de Xudá, e a Iehoxúa, fillo de Iehosadac, o sumo sacerdote, nestes termos:
2Así fala o Señor, Deus dos Exércitos:
"Este pobo anda dicindo: Aínda non chegou o momento de reconstruír o templo do Señor".
3Pero a palabra do Señor veu por medio do profeta Axeo nestes termos:
4"É xa tempo para vós de habitardes en casas ben rematadas,
mentres este templo está en ruínas?"
5Pois agora, así fala o Señor dos Exércitos:
"Considerade ben o voso comportamento:
6Sementastes para recollerdes abundantemente,
pero recollestes pouco, comestes sen fartarvos,
bebestes sen saciarvos do licor,
vestístesvos sen sentirdes calor con iso,
e o xornaleiro recibiu o xornal en saco roto".
7Así fala o Señor dos Exércitos:
"Considerade ben o voso comportamento:
8Rubide ó monte, traede madeira e reconstruíde o templo,
que eu me compraza nel e nel mostre a miña gloria —di o Señor—.
9Esperastes facer moito: mirade que pouco;
trouxéstelo para casa, pero eu boteino ó vento.
Por que isto? —é o Señor dos Exércitos quen fala—.
Por culpa do meu templo que está en ruínas,
mentres vós vos compracedes cada un na súa casa.
10Por isto, por culpa vosa, o ceo negou a chuvia
e a terra negou o seu froito.
11Si, eu convoquei a seca sobre a terra e os montes,
sobre o trigo, o viño e o aceite, sobre o que a terra fai brotar,
sobre os homes e os animais e sobre todos os traballos das mans".
12Zerubabel, fillo de Xealtiel, o sumo sacerdote Iehoxúa, fillo de Iehosadac, e todo o resto do pobo, fixéronlle caso á voz do Señor, o seu Deus, e ás palabras do profeta Axeo, tal como encomendara o Señor, Deus deles, e o pobo respectou a presenza do Señor.
13Axeo, o mensaxeiro do Señor, faloulle ó pobo conforme a mensaxe do Señor:
"Eu estou convosco" —é o Señor quen fala—.
14O Señor espertou o espírito de Zerubabel, fillo de Xealtiel, gobernador de Xudá, e o espírito do sumo sacerdote, Iehoxúa, fillo de Iehosadac, e o espírito do resto do pobo. Puxéronse á obra no templo do Señor dos Exércitos, o seu Deus.
O segundo templo será máis espléndido e rico có primeiro, a pesar das aparencias
15No ano segundo de rei Darío
Currently Selected:
Axeo 1: ABGS
Highlight
Share
Copy
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT