YouVersion Logo
Search Icon

Éxodo 17

17
A auga do penedo
1A asemblea dos israelitas, seguindo as ordes do Señor, saíu do deserto de Sin e, por xeiras, chegou a Refidim, onde acampou. O pobo non atopou alí auga que beber, 2e rifaba con Moisés, esixindo: —"Dános auga para beber". El respondíalles: —"Por que rifades comigo e tentades o Señor?" 3Pero o pobo, sedento, seguía queixándose por auga a Moisés: —"Por que nos sacaches de Exipto, para facernos morrer de sede, a nós, ós nosos fillos e á nosa habenza?"
4Moisés clamou entón cara ó Señor:
—"Que podo facer con esta xente? Acabarán por acantazarme".
5O Señor respondeulle: —"Pasa diante do pobo, toma contigo algúns dos anciáns de Israel, leva na man a vara coa que batiches o Nilo, e camiña. 6Eu presentareime diante túa alá no Horeb, onda o penedo. Ti baterás o penedo, e sairá auga del para que o pobo beba". Moisés fíxoo así, á vista dos anciáns de Israel. 7Chamáronlle a aquel lugar Masah e Meribah, porque os israelitas contenderon co Señor e puxérono á proba, preguntando: —"Está o Señor connosco ou non?".
Guerra cos amalecitas
8Viñeron os amalecitas e atacaron a Israel en Refidim. 9Moisés díxolle a Xosué: —"Escolle uns poucos homes e sae a loitar con Amalec. De mañá eu estarei no cume do outeiro, coa vara de Deus na man".
10Xosué fixo o que lle mandaba Moisés, e foi loitar con Amalec mentres Moisés, Aharón e Hur subían ó cume do outeiro. 11Cando Moisés erguía as mans, vencía Israel; cando as baixaba, vencía Amalec. 12As mans de Moisés estaban cansas, e eles colleron unha pedra e puxéronlla de asento, ó tempo que Aharón e Hur, un por cada lado, lle sostiñan as mans ergueitas. As mans de Moisés estiveron ergueitas ata a posta do sol.
13Xosué venceu a Amalec e á súa xente, a fío de espada. 14O Señor díxolle a Moisés: —"Escribe isto nun libro de memorias, e dille a Xosué que eu borrarei o recordo de Amalec de debaixo do sol". 15Moisés construíu un altar ó Señor, e chamoulle Señor, miña — bandeira, 16neste sentido: —"Xa que a súa man se levantou contra o trono do Señor, o Señor está en guerra con Amalec de xeración en xeración".

Currently Selected:

Éxodo 17: ABGS

Highlight

Share

Compare

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in