Éxodo 11
11
Ameaza ós primoxénitos
1O Señor díxolle a Moisés: —"Vou mandar aínda unha praga sobre o faraón e o seu pobo. Despois vaivos deixar saír de aquí. Mellor dito, botaravos el mesmo de Exipto. 2Aconséllalle ó pobo que cada home pida ó seu veciño e cada muller á súa veciña obxectos de prata e ouro". 3O Señor fixo que o pobo lles caese ben ós exipcios; e o mesmo Moisés era estimado pola corte do faraón e polo pobo de Exipto.
4Moisés deu este anuncio: —"Isto di o Señor: á medianoite pasarei por todo o Exipto, 5e morrerán os primoxénitos todos do país, desde o primoxénito do faraón que senta no trono, ata o da serva que move a pedra do muíño, e mesmo os primoxénitos do gando. 6Haberá no Exipto enteiro un lamento tan grande, como non o houbo antes nin o volverá haber. 7Pero onde están os israelitas non ouveará can ningún nin por homes nin por gando, para que saibades que o Señor distingue entre Exipto e Israel. 8Entón estes teus ministros acudirán onda min e, prostrándose, pediranme: Sae de onda nós ti e todo este pobo que te segue. E entón eu sairei". E Moisés foise anoxado de onda o faraón.
9O Señor dixéralle a Moisés: —"O faraón non vos dará creto, e eu farei moitos milagres en Exipto".
10Moisés e Aharón fixeron estes milagres diante do faraón. Pero o Señor endureceu ó faraón, que non deixou saír os israelitas da súa terra.
Currently Selected:
Éxodo 11: ABGS
Highlight
Share
Compare
Copy
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT