YouVersion Logo
Search Icon

Deuteronomio 33

33
Bendición de despedida de Moisés ós fillos de Israel
1Esta é a bendición coa que Moisés, o home de Deus, bendiciu os fillos de Israel, antes de morrer. 2Díxolles:
—"O Señor chega do Sinaí,
resplandece desde Seir en favor deles,
brilla desde o monte Parán,
si, chega o Santo co seu poder,
avanza coa súa perna dereita en favor deles.
3Ti si que amas o pobo,
todos os santos do pobo están na túa man.
Eles humíllanse ante os teus pés,
e as túas palabras levántanos.
4Moisés ordenounas nunha lei,
e o seu propietario é a xuntanza de Xacob.
5Hai rei en Iexurún, cando se xuntan os xefes do pobo,
cando están xuntas as tribos de Israel.
6Que viva Rubén e que non morra,
aínda que son poucos os seus homes.
7Isto é o que dixo para Xudá:
Escoita, Señor, os gritos de Xudá
e tráeo ao seu pobo,
que as súas mans loiten ao seu favor,
pero ti se o seu auxiliador contra os seus adversarios.
8Isto é o que dixo para Leví:
Que os teus Tummim e os teus Urim
sexan para o home que é fiel ao teu amor,
a quen puxeches a proba en Masah,
con quen discutiches fronte ás augas de Meribah,
9o que lles dixo a seu pai e a súa nai: Nunca vos vin,
que non recoñeceu a seus irmáns
e que ignora a seu fillo.
Si, cumpriron a túa palabra e mantiveron a túa Alianza.
10Ensináronlle os teus decretos a Xacob,
e a túa lei a Israel.
Poñen o perfume do incenso diante de ti
e sacrificio completo sobre o teu altar.
11Bendí, Señor, a súa forza
e comprácete no traballo das súas mans.
Pártelles os riles ós que se levanten contra el
e que non se poidan erguer os que o odian.
12Isto é o que dixo para Benxamín:
Benquerido do Señor.
O Altísimo farao habitar tranquilo,
si, o Altísimo protexerao todos os días,
e descansará nas súas abas.
13Isto é o que dixo para Xosé:
O seu país é o máis bendito polo Señor,
co precioso regalo do ceo, a rosada,
coas augas do abismo que descansan abaixo,
14co precioso regalo dos produtos do sol,
co precioso regalo dos froitos das lúas,
15co mellor dos montes doutro tempo,
co precioso regalo dos outeiros eternos,
16co mellor da terra e de canto contén,
e a favor do que mora na silveira:
baixe sobre a cabeza de Xosé,
sobre a fronte do príncipe de seus irmáns!
17El é coma o primoxénito do touro. Gloria a el!
Cornos de búfalo son os seus cornos,
con eles escorna os pobos,
os extremos do mundo ao mesmo tempo.
Si, son as multitudes de Efraím!
Certo, son os milleiros de Menaxés!
18Isto é o que dixo para Zebulón:
Se feliz, Zebulón, nas túas saídas,
e ti, Isacar, se feliz nas túas tendas.
19Os pobos son convidados ao meu monte,
alí ofrecen sacrificios lexítimos.
Certo que mamarán da abundancia dos mares,
dos tesouros escondidos coa area.
20Isto é o que dixo para Gad:
Bendito sexa quen alarga o territorio de Gad.
El está deitado coma unha leoa,
e arrinca un brazo e tamén a cabeza.
21Viu as primicias que son para el;
si, alí está ben gardada a parte prescrita,
logo chegou onda os xefes do pobo,
cumpriu a xustiza do Señor,
os seus decretos cumpriunos con Israel.
22Isto é o que dixo para Dan:
Dan é un cachorro de león,
dá un salto desde Baxán.
23Isto é o que dixo para Naftalí:
Naftalí, farto de ben querer
e cheo da bendición do Señor:
cara ao Oeste e cara ao Sur, a súa posesión.
24Isto é o que dixo para Axer:
Axer, o máis bendito dos fillos,
o máis favorecido dos irmáns.
Baña en aceite o seu pé,
25que os teus ferrollos sexan de ferro e bronce,
que o poder do teu dominio dure coma os teus días.
26Ninguén hai coma Deus, Iexurún,
que monta a cabalo dos ceos na túa axuda,
que coa maxestade monta nas delgadas nubes.
27O Deus de sempre é refuxio,
estás debaixo dos brazos do Eterno:
El botará o inimigo da túa presenza,
e dirá: Extermina!
28Entón Israel habitará en seguridade.
A Fonte de Xacob botará suficiente
para un país de trigo e de mosto,
tamén o seu ceo destilará a rosada.
29Feliz ti, Israel, quen coma ti?,
pobo salvado polo Señor,
escudo da túa axuda, espada da túa grandeza,
os teus inimigos quixeron dominarte,
pero ti triparás as súas costas".

Currently Selected:

Deuteronomio 33: ABGS

Highlight

Share

Compare

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in