YouVersion Logo
Search Icon

Deuteronomio 34

34
A morte de Moisés e a súa glorificación
1Subiu Moisés das chairas de Moab ao monte Nebó, á cima do Pisgah, que está enfronte de Xericó. O Señor mostroulle todo o país: Galaad ata Dan, 2todo Naftalí, o país de Efraím e Menaxés e todo o país de Xudá ata o mar Occidental; 3o Négueb, a veiga do val de Xericó, a cidade das palmeiras, ata Soar. 4Entón díxolle o Señor:
—"Este é o país que lles prometín con xuramento a Abraham, Isaac e Xacob, dicíndolles: Heillo de dar á túa descendencia. Xa cho mostrei ós teus ollos, pero alí non podes cruzar".
5Morreu alí Moisés, o servo do Señor, no país de Moab, conforme á declaración do Señor. 6E enterrouno alí no val, no país de Moab, enfronte de Bet-Peor, e ningún home, ata o día de hoxe, coñeceu a súa sepultura. 7Moisés tiña cento vinte anos, cando morreu, e o seu ollo non enfraqueceu nin desapareceu a súa vitalidade.
8Os fillos de Israel choraron por Moisés nas chairas de Moab trinta días, completaron así os seus días de pranto como loito por Moisés. 9Entón Xosué, fillo de Nun, estaba cheo de espírito de sabedoría, xa que Moisés lle impuxera as súas mans, e os fillos de Israel fixéronlle caso e comportáronse tal coma o Señor llo mandara a Moisés.
10Nunca máis volveu xurdir un profeta en Israel semellante a Moisés, con quen o Señor tratase cara a cara. 11Ninguén coma el en todos os sinais e prodixios, que o Señor lle mandou facer no país de Exipto contra o Faraón, contra os seus servos e contra o seu país. 12E ningún coma el coa man forte e todo o grande pavor que provocou Moisés á vista de todo Israel.

Currently Selected:

Deuteronomio 34: ABGS

Highlight

Share

Compare

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in