YouVersion Logo
Search Icon

2 Samuel 4

4
Morte de Ixbóxet
1Cando Ixbóxet, fillo de Xaúl, soubo que morrera Abner en Hebrón, acovardouse e todo Israel quedou estarrecido. 2O fillo de Xaúl tiña dous xefes de guerrilleiros, un chamado Banah e o outro Recab, fillos de Rimón de Beerot, benxaminitas, xa que Beerot se lle atribuía a Benxamín. 3Os de Beerot marcharan a Guitaim, onde residen hoxe.
4Ionatán, fillo de Xaúl, tiña un fillo, tolleito dos pés. Cando chegara de Iezrael a nova da morte de Xaúl e de Ionatán, o neno tiña cinco anos. A súa criada saíu fuxindo e, coas présas, caeulle o neno e quedou coxo. Chamábase Meribaal.
5Os fillos de Rimón de Beerot, Recab e Banah, ían de camiño e chegaron á casa de Ixbóxet, nas horas da calor, cando el estaba deitado durmindo a sesta. 6A porteira da casa estaba limpando o gran e quedara durmida. 7Eles entraron na casa, ata a alcoba onde Ixbóxet estaba deitado e ferírono de morte. Cortáronlle a cabeza e levárona consigo, camiñando polo ermo toda aquela noite.
8Chegaron coa cabeza de Ixbóxet a Hebrón, xunto a David, e dixéronlle ó rei: —"Aquí tes a cabeza de Ixbóxet, fillo de Xaúl, o teu inimigo, que quixo quitarche a vida. Hoxe concédelle o Señor ó rei, noso señor, a vinganza de Xaúl e da súa descendencia".
9Pero David respondeulle a Recab e ó seu irmán Banah, fillos de Rimón de Beerot, dicindo: —"Pola vida do Señor, que me librou de todos os apuros! 10Se a quen me trouxo a noticia de que morrera Xaúl, crendo que me daba boas novas, o collín e o fixen matar en Siquelag, en recompensa pola súa nova, 11canto máis agora, que uns homes malvados mataron un home xusto, na súa casa, no seu leito, pedireivos contas do sangue que vertestes, desarraigándovos da terra". 12E David mandoulles ós seus homes que os matasen. Despois de facelo, cortáronlles as mans e os pés e penduráronos xunto a represa de Hebrón. A cabeza de Ixbóxet collérona e enterrárona en Hebrón no sartego de Abner.

Currently Selected:

2 Samuel 4: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in