YouVersion Logo
Search Icon

2 Reis 15

15
Azarías de Xudá
1No ano vinte e sete do reinado de Ieroboam en Israel, empezou a reinar en Xudá Azarías, fillo de Amasías. 2Tiña dezaseis anos cando chegou ó trono, e reinou cincuenta e dous anos en Xerusalén. A súa nai chamábase Iecolía, de Xerusalén.
3Fixo o que é debido ós ollos do Señor, coma Amasías, seu pai. 4Soamente que os altares dos outeiros non desapareceron, e a xente seguía ofrecendo neles sacrificios e incenso. 5O Señor feriuno coa lepra, e o rei estivo con ela ata a súa morte, vivindo illado na súa casa. O seu fillo Iotam estaba á fronte do pazo e gobernaba o país.
6O resto da historia de Azarías e todo o que fixo non está escrito no Libro das Crónicas dos reis de Xudá? 7Azarías adormeceu con seus pais, e enterrárono onda eles, na cidade de David. Sucedeulle no trono o seu fillo Iotam.
Zacarías de Israel
8No ano trinta e oito do reinado de Azarías en Xudá, empezou a reinar sobre Israel, en Samaría, Zacarías, fillo de Ieroboam.
9Fixo o mal ós ollos do Señor, como o fixeran seus pais. Non se arredou dos pecados que Ieroboam, fillo de Nabat, fixera cometer a Israel. 10Xalum, fillo de Iabex, cismou contra el. Feriuno de morte en Ibleam e suplantouno no trono.
11O resto da historia de Zacarías aí está escrita no Libro das Crónicas dos reis de Israel. 12Nel cumpriuse a palabra que o Señor dixera a Iehú: —"Os teus fillos sentarán no trono de Israel ata a cuarta xeración". E así foi.
Xalum de Israel
13Xalum, fillo de Iabex, empezou a reinar no ano trinta e nove do reinado de Ozías de Xudá. Reinou un mes en Samaría. 14De Tirsah subiu Menahem, fillo de Gadí, entrou en Samaría, feriu de morte a Xalum, fillo de Iabex, e suplantouno no trono.
15O resto da historia de Xalum e a súa conspiración está toda escrita no Libro das Crónicas dos reis de Israel. 16Menahem arrasou Tirsah, cos seus habitantes e o seu territorio, desde Tirsah, porque non lle abriran as portas, e fendeulles o ventre ás embarazadas.
Menahem de Israel
17No ano trinta e nove do reinado de Azarías en Xudá empezou a reinar en Israel Menahem, fillo de Gadí. Reinou dez anos en Samaría. 18Fixo o mal ós ollos do Señor. Non se afastou en toda a súa vida dos pecados que Ieroboam, fillo de Nabat, fixera cometer a Israel.
19Pul, rei de Asiria, invadiu o país, e Menahem entregoulle mil talentos de prata, para que o axudase a asegurar o reino nas súas mans. 20Menahem recadou o diñeiro que tiña que dar ó rei de Asiria entre a xente máis rica de Israel, a cincuenta siclos de prata cada un. O rei de Asiria retirouse, sen deterse máis no país.
21O resto da historia de Menahem e todo o que fixo non está escrito no Libro das Crónicas dos reis de Israel? 22Menahem adormeceu con seus pais, e sucedeulle no trono o seu fillo Pecahías.
Pecahías de Israel
23No ano cincuenta do reinado de Azarías en Xudá empezou a reinar sobre Israel, en Samaría, Pecahías, fillo de Menahem. Reinou dous anos. 24Fixo o mal ós ollos do Señor. Non se arredou dos pecados que Ieroboam, fillo de Nabat, fixera cometer a Israel.
25O seu oficial Pécah, fillo de Remalía, conspirou contra el e matouno en Samaría, na torre do pazo real, xunto con Argob e Arieh; levaba con el cincuenta galaaditas. Matouno e suplantouno no trono. 26O resto da historia de Pecahías e todo o que fixo está escrito no Libro das Crónicas dos reis de Israel.
Pécah en Israel
27No ano cincuenta e dous do reinado de Azarías en Xudá empezou a reinar sobre Israel, en Samaría, Pécah, fillo de Remalía. Reinou vinte anos. 28Fixo o mal ós ollos do Señor. Non se arredou dos pecados que Ieroboam, fillo de Nabat, fixera cometer a Israel.
29No reinado de Pécah en Israel veu Teglatpeléser, rei de Asiria, e apoderouse de Iión, Abel—Bet—Macah, Ianóah, Cadex, Hasor, Galaad e do territorio de Naftalí, en Galilea, e desterrou os seus habitantes a Asiria.
30Oseas, fillo de Elah, conspirou contra Pécah, fillo de Remalía, feriuno de morte e suplantouno no trono, no ano vinte de Iotam, fillo de Ozías. 31O resto da historia de Pécah e todo o que fixo está escrito no Libro das Crónicas dos reis de Israel.
Iotam de Xudá
32No ano segundo do reinado de Pécah, fillo de Remalía, sobre Israel, empezou a reinar en Xudá Iotam, fillo de Ozías. 33Tiña vinte e cinco anos cando subiu ó trono e reinou vinte anos en Xerusalén. A súa nai chamábase Ieruxá, filla de Sadoc.
34Fixo o que é debido ós ollos do Señor, como fixera Ozías, seu pai. 35Mais os altares dos outeiros non desapareceron, e a xente seguía ofrecendo neles sacrificios e incenso. Iotam construíu a porta superior do templo do Señor.
36O resto da historia de Iotam e o que fixo non está escrito no Libro das Crónicas dos reis de Xudá? 37No seu tempo empezou a mandar o Señor, contra Xudá, a Resín, rei de Aram, e a Pécah, fillo de Remalía. 38Iotam adormeceu con seus pais, e enterrárono con eles na cidade de seu pai David. Sucedeulle no trono o seu fillo Acaz.

Currently Selected:

2 Reis 15: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in