2 Reis 16
16
Acaz de Xudá
1No ano dezasete de Pécah, fillo de Remalía, empezou a reinar en Xudá Acaz, fillo de Iotam. 2Tiña vinte anos cando subiu ó trono e reinou vinte anos en Xerusalén.
3Non fixo o que é debido ós ollos do Señor, seu Deus, coma seu pai David. Foi polo camiño dos reis de Israel. Sacrificou mesmo na fogueira ó seu fillo, seguindo o abominable costume dos pobos que o Señor expulsara de diante dos israelitas. 4Ofreceu sacrificios e queimou incenso nos outeiros, nos cotarelos e debaixo de toda árbore vizosa.
5No seu tempo Resín, rei de Aram, e Pécah, fillo de Remalía, rei de Israel, subiron para atacar Xerusalén. Cercárona, mais non a puideron conquistar. 6Por aquel mesmo tempo o rei de Edom recuperou Eilat, desbotando de alí a Xudá. Os edomitas entraron en Eilat e quedaron alí ata o día de hoxe.
7Acaz mandou mensaxeiros a Teglatpeléser, rei de Asiria, para dicirlle: —"Son o teu servo e o teu fillo. Ven e líbrame do poder do rei de Aram e do rei de Israel, que se ergueron en contra miña". 8Acaz botou man da prata e do ouro, que había no templo do Señor e no tesouro do pazo real, e mandoullo coma agasallo ó rei de Asiria. 9O rei de Asiria atendeuno e subiu contra Damasco. Tomou a cidade, desterrou ós seus habitantes a Quir e matou a Resín.
10O rei Acaz foi a Damasco, para encontrarse con Teglatpeléser, rei de Asiria. O ver o altar que había alí, Acaz mandoulle ó sacerdote Urías un debuxo do mesmo, cos datos da súa feitura. 11O sacerdote Urías construíu un altar, seguindo as instrucións que lle mandara o rei desde Damasco. Antes de o rei volver, o sacerdote tíñao todo acabado.
12A súa volta de Damasco o rei viu o altar, achegouse e subiu a el 13e queimou enriba del o holocausto e a ofrenda, verteu unha libación e salferiu o altar co sangue dos sacrificios de comuñón que ofrecera. 14O altar de bronce que estaba diante do Señor, guindouno da fronte do templo, de entre o templo e o altar novo, e púxoo do lado norte do altar novo.
15Despois o rei Acaz deulle ó sacerdote Urías estas normas: —"Enriba deste altar grande queimarás o holocausto da mañá e a ofrenda da tarde, o holocausto e a ofrenda do rei, o holocausto e a ofrenda do pobo. Por riba del verterás las súas libacións e o sangue de todo holocausto e sacrificio. O altar de bronce déixao quedar da miña conta". 16O sacerdote Urías fixo todo o que lle mandaba o rei Acaz.
17O rei Acaz fixo, pola súa parte, arrincar as molduras dos baseamentos e tirou de enriba delas as pías; baixou o Mar de Bronce de riba dos touros de bronce que o sostiñan, e asentouno no pavimento de pedra. 18Por mor tamén do rei de Asiria, retirou do templo do Señor a tribuna real que puxeran alí, e suprimiu a entrada exterior pensada para o rei.
19O resto da historia de Acaz e os seus feitos, non está todo escrito no Libro das Crónicas dos reis de Xudá? 20Acaz adormeceu con seus pais, e enterrárono onda eles, na cidade de David. Sucedeulle no trono o seu fillo Ezequías.
Currently Selected:
2 Reis 16: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT