2 Corintios 10
10
A autoridade de Paulo
1Eu, Paulo en persoa, pídovos isto, pola paciencia e benignidade de Cristo: eu, que na vosa presenza parezo coitado pero que, ausente, son ousado convosco. 2Pídovos que, cando vaia, non teña que poñerme atrevido coa firmeza que creo deber usar con algúns que nos acusan de camiñar con miras humanas. 3Aínda que camiñamos coma homes, non actuamos movidos por miras humanas. 4Porque as armas do noso combate non son terreais: son poderes de Deus, capaces de abater fortalezas; destruímos sofismas 5e toda altivez que se ergue contra o coñecemento de Deus; encadeamos todo pensamento á obediencia, someténdoo a Cristo; 6e estamos prontos a vingar toda rebeldía, unha vez que a vosa submisión sexa cumprida.
7Mirade ben! O que estea convencido de ser de Cristo, que teña en conta tamén que nós somos tan de Cristo coma el. 8E, aínda que teña que alardear un pouco de máis da nosa autoridade (que o Señor nos concedeu para edificación e non para destrución vosa), non me hei avergonzar; 9Así non darei a impresión de querervos amedrentar coas cartas. 10Porque algúns din: "por carta é duro e enérxico pero en persoa é coitado e non fala ben". 11Pense ese tal que, como somos de palabra nas cartas estando ausentes, así imos ser de obra cando esteamos presentes.
12Xa non nos atrevemos a equipararnos ou a compararnos con algúns deses que tanto se chufan. Pero a eses, con tanto se poñeren de modelos de si mesmos e con tanto se compararen consigo mesmos, xa non lles goberna a cabeza.
13Pola nosa parte, non nos queremos gabar de máis, senón conforme a medida que estableceu Deus para nós; a medida de chegar ata vós. 14Non é coma se non chegásemos a vós e tivésemos que nos estirar, pois fomos os primeiros en chegar a vós co Evanxeo de Cristo. 15Nin nos gloriamos de máis nin nos gloriamos á conta de traballos alleos; pero tiñamos a esperanza de que, segundo se ía espallando a fe entre vós, iámonos multiplicar máis e máis, conforme a nosa idea, 16para levar o Evanxeo alén dos vosos eidos, sen presumir do traballo alleo meténdonos en terreo xa cultivado.
17O que presume, que presuma do Señor, 18porque non queda aprobado o que se pon el unha alta cualificación, senón aquel a quen lla pon o Señor.
Currently Selected:
2 Corintios 10: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT