YouVersion Logo
Search Icon

2 Corintios 9

9
Motivos de xenerosidade cristiá
1Escuso escribirvos máis sobre esta colecta en favor dos outros cristiáns. 2Coñezo a vosa boa disposición, da que me gabo diante dos macedonios, para a vosa honra, dicíndolles que Acaia ten feitos todos os preparativos xa desde o ano pasado, e que a vosa ansia estimulou a moitos máis. 3Con todo, mándovos os irmáns, para que o noso orgullo por vós non sexa desmentido nese particular senón que, como dicía, esteades preparados. 4Non sexa que, se os macedonios que vaian comigo vos atopan sen preparar, nós e non digamos vós, quedemos mal, por termos esa confianza. 5Por iso pareceume necesario pedirlles ós irmáns que fosen indo diante onda vós, para que teñan preparado de antemán o xeneroso donativo que prometestes, pois no caso de estar listo, será expresión de xenerosidade, e non de mesquindade.
6Lembrade aquilo: quen sementa con mesquindade, tamén con mesquindade recolle; e quen sementa con xenerosidade, tamén con xenerosidade recolle. 7Que cadaquén dea segundo o que teña decidido no corazón, non contra gusto nin por compromiso, que Deus ama ó que dá con alegría. 8Deus, pode, de certo, darvos con largueza toda clase de grazas, de xeito que, tendo sempre en todo o suficiente, aínda vos sobre para todo tipo de boas obras, 9pois está escrito: reparte esmola ós pobres, a súa xustiza permanece para sempre.
10O que fornece a semente ó sementador e proporciona pan para a comida, ha multiplicar tamén a vosa sementeira e fará medrar o froito da vosa xustiza. 11Seredes ricos en todo, para poderdes facer todo tipo de caridades, que producirán por medio de nós gratitude a Deus.
12Porque a prestación desta axuda non só dá remedio ás necesidades dos outros cristiáns, senón que fai ademais que moitos non cansen de darlle grazas a Deus. 13Pola comprobación deste servizo loarán a Deus pola vosa obediencia ó profesar o Evanxeo de Cristo e pola expresión xenerosa da vosa solidariedade con eles e con todos. 14E, cando recen por vós, manifestarán a benquerenza que vos teñen, pola desbordante graza de Deus en favor voso. 15Grazas sexan dadas a Deus, polo sublime regalo que nos deu.

Currently Selected:

2 Corintios 9: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in