2 Crónicas 8
8
Noticias sobre Salomón
1Salomón construíu o templo do Señor e o palacio durante vinte anos. 2Fortificou as cidades que lle dera Hiram e instalou nelas ós israelitas. 3Logo Salomón dirixiuse contra Hamat de Sobah e apoderouse dela. 4Fortificou Tamor, no deserto, e todas as cidades de avituallamento que construíra en Hamat. 5Converteu Bethorón de Arriba e Bethorón de Abaixo en prazas fortes, con murallas, portas e ferrollos. 6O mesmo fixo con Balat, cos centros de avituallamento que tiña Salomón, as cidades con cuarteis de carros e cabalería, e canto quixo construír en Xerusalén, no Líbano e en todas as terras do seu imperio.
7Salomón fixo unha leva de traballadores non israelitas entre os descendentes que quedaban aínda dos hititas, amorreos, perizitas, hivitas e iebuseos, 8pobos que os israelitas non exterminaran. 9Os israelitas non lles impuxo traballos forzados, senón que o servían coma soldados, funcionarios, xefes e oficiais de carros e cabalería. 10Os xefes e capataces que mandaban nos obreiros eran douscentos cincuenta.
11A filla do faraón trasladouna da Cidade de David ó palacio que construíra, porque pensaba: —"O palacio de David, rei de Israel, quedou consagrado pola presenza da arca do Señor; a miña muller non pode vivir nel".
12Salomón ofrecía holocaustos ó Señor sobre o altar de Iavé, que construíra diante do adro. 13Observaba o rito cotián dos holocaustos e as prescricións de Moisés referentes ós sábados, principios de mes e ás tres solemnidades anuais: a festa dos Azimos, a das Semanas e a das Tendas. 14Seguindo as prescricións do seu pai David, asignou ás clases sacerdotais os seus servizos; ós levitas, as súas funcións de cantar e oficiar na presenza dos sacerdotes, segundo o rito de cada día; e ós porteiros encargounos por grupos de cada unha das portas. Así o dispuxera David, o home de Deus. 15Non se desviaron do que o rei lles mandara ós sacerdotes e ós levitas en cousa ningunha, nin sequera no referente ós almacéns. 16Así levou a cabo toda a obra desde o día en que puxo os cimentos do templo do Señor ata a súa terminación.
17Salomón dirixiuse entón a Esion—Guéber e Elat, na costa de Edom. Por medio dos seus ministros, 18Hiram envioulle unha flota e mariñeiros expertos. Foron a Ofir cos escravos de Salomón e trouxeron de alí ó rei Salomón uns dezaseis mil quilos de ouro.
Currently Selected:
2 Crónicas 8: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT