YouVersion Logo
Search Icon

2 Crónicas 17

17
Ioxafat de Xudá
1Sucedeulle no trono seu fillo Ioxafat, que logrou imporse ó reino de Israel. 2Instalou guarnicións en todas as fortalezas de Xudá, e nomeou gobernadores no territorio de Xudá e nas cidades de Efraím, que conquistara seu pai Asá.
3O Señor estivo con Ioxafat porque imitou a antiga conduta de seu pai David e non servía os baales, 4senón o Deus de seu pai, cumprindo os seus preceptos; non imitou a conduta de Israel. 5O Señor consolidou o reino nas súas mans. Todo Xudá lle pagaba tributo, e Ioxafat chegou a ter gran riqueza e prestixio. 6O seu orgullo era camiñar polas sendas do Señor, e volveu suprimir as ermidas dos outeiros e as estelas de Xudá.
7No ano terceiro do seu reinado, mandou algúns xefes —Benhail, Abdías, Zacarías, Natanael e Miqueas—, a instruír ós habitantes das cidades de Xudá, 8e con eles os levitas Semaías, Netanías, Zebadías, Asael, Xemiramot, Ionatán, Adonías, Tobías e os sacerdotes Elixamá e Ioram. 9Percorreron, coma instrutores de Xudá, todas as cidades de Xudá, levando o libro da Lei do Señor, e instruíron ó pobo.
10Todos os reinos veciños de Xudá, presos dun pánico sagrado, se abstiveron de loitar contra Ioxafat. 11Os filisteos pagábanlle tributo copioso en diñeiro. Tamén os árabes lle traían gando menor: sete mil setecentos carneiros e sete mil setecentos machos cabrúns. 12Ioxafat fíxose cada vez máis poderoso. Construíu fortalezas e cidades de avituallamento en Xudá. 13Tiña moitos empregados nas cidades de Xudá. En Xerusalén dispuña de soldados valentes e aguerridos, 14Alistados por familias:
Alto mando de Xudá: Adnah, capitán xeneral, con trescentos mil soldados; 15ás súas ordes, o xeneral Iohanán, con douscentos oitenta mil, 16e Amasías, fillo de Zicrí, que servía ó Señor como voluntario, ó mando de douscentos mil.
17De Benxamín, o valeroso Eliadá, con douscentos mil homes armados de arco e adarga; 18ás súas ordes estaba Iozabad, con cento oitenta mil homes dispoñibles. 19Todos estes achábanse ó servizo do rei, sen contar os que este destinara ás fortalezas de Xudá.

Currently Selected:

2 Crónicas 17: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in

Video for 2 Crónicas 17