2 Crónicas 14
14
Asá de Xudá
1Asá fixo o que o Señor, o seu Deus, aproba e estima. 2Suprimiu os altares estranxeiros e as ermidas dos outeiros, esnaquizou as estelas e cortou os cipos. 3Animou a Xudá a servir o Señor, Deus de seus pais, e a observar a lei e os preceptos. 4Suprimiu as ermidas dos outeiros e os cipos en todas as cidades de Xudá. O reino gozou de paz na súa época. 5Aproveitando esta paz que lle concedeu o Señor, a calma que reinaba no país e a ausencia de guerras durante aqueles anos, construíu fortalezas en Xudá. 6Para iso propúxolles ós xudeus:
—"Podemos dispoñer libremente do país porque servimos o Señor, noso Deus, e El concedeunos paz cos veciños. Imos construír estas cidades e rodealas de murallas con torres, portas e ferrollos".
Así o fixeron con pleno éxito.
7Asá dispuxo dun exército de trescentos mil xudeus, armados de escudo e lanza, e vinte e oito mil benxaminitas, armados de adarga e arco. Todos eran bos soldados.
8Zérah de Cux saíu ó seu encontro cun exército dun millón de homes e trescentos carros. Cando chegou a Marexah, 9Asá fíxolle fronte e entaboaron batalla no val de Safatah, onda Marexah.
10Asá invocou ó Señor, seu Deus:
—"Señor, cando queres axudar non distingues entre poderosos e febles. Axúdanos, Señor, noso Deus, que en Ti nos apoiamos e no teu nome nos diriximos contra esa multitude. Ti es o noso Deus. Non te deixes vencer por un home".
11O Señor derrotou os cuxitas ante Asá e Xudá. Os cuxitas fuxiron; 12pero Asá perseguiunos coa súa tropa a Guerar. O Señor e as súas hostes esnaquizáronnos. Morreron tantos cuxitas, que non se puideron refacer. O botín foi enorme. 13Aproveitando que os poboados da bisbarra de Guerar eran presa dun pánico sagrado, asaltáronos e saqueáronos porque había neles gran botín. 14Mataron tamén a uns pastores e volveron a Xerusalén con gran cantidade de ovellas e camelos.
Currently Selected:
2 Crónicas 14: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT