2 Crónicas 12
12
1Pero cando Roboam consolidou o seu reino e se fixo forte, el e todo Israel abandonaron a Lei do Señor. 2Por se rebelar contra o Señor, o ano quinto do seu reinado, Xexac rei de Exipto 3Atacou Xerusalén con mil douscentos carros, sesenta mil xinetes e unha multitude innumerable de libios, suquitas e cuxitas procedentes de Exipto. 4Conquistaron as fortalezas de Xudá e chegaron ata Xerusalén. 5Entón o profeta Semaías presentouse a Roboam e ás autoridades de Xudá, que se reuniran en Xerusalén por medo a Xexac, e díxolles:
—"Así di o Señor: vós abandonástesme; pois eu abandónovos agora nas mans de Xexac".
6As autoridades de Israel e o rei confesaron humildemente: —"O Señor leva razón".
7Cando o Señor viu que se humillaran, dirixiu a súa palabra a Semaías:
—"Foron humildes, non os aniquilarei. Salvareinos dentro de pouco e non derramarei a miña cólera sobre Xerusalén por medio de Xexac. 8Pero ficarán sometidos para que aprecien o que vai de servirme a min a servir os reis da terra".
9Xexac, rei de Exipto, atacou Xerusalén e apoderouse dos tesouros do templo e do palacio; levou todo, mesmo os escudos de ouro que fixera Salomón. 10Para substituílos, o rei Roboam, fixo escudos de bronce e encomendóullelos ós xefes da escolta que vixiaban o acceso ó palacio; 11cada vez que o rei ía ó templo, os da escolta collíanos e logo volvían deixalos no corpo de garda. 12Por se humillaren, o Señor apartou a súa cólera del e non o destruíu por completo. Tamén en Xudá houbo certo benestar.
13O rei Roboam reafirmouse en Xerusalén e seguiu reinando. Tiña corenta e un anos cando subiu ó trono e reinou dezasete en Xerusalén, a cidade que o Señor elixira como propiedade persoal entre todas as tribos de Israel. A súa nai chamábase Namah e era amonita. 14Obrou mal porque non se dedicou de corazón a servir o Señor.
15Os feitos de Roboam, dos primeiros ós últimos, áchanse escritos na Historia do profeta Semaías e do vidente Idó. Houbo guerras continuas entre Roboam e Ieroboam. 16Cando morreu, enterrárono na cidade de David. Seu fillo Abías sucedeulle no trono.
Currently Selected:
2 Crónicas 12: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT