YouVersion Logo
Search Icon

2 Crónicas 11

11
1Cando Roboam chegou a Xerusalén, mobilizou cento oitenta mil soldados de Xudá e Benxamín para loitar contra Israel e recuperar o reino. 2Pero o Señor dirixiu a palabra ó profeta Semaías:
3—"Di a Roboam, fillo de Salomón, rei de Xudá, e a todos os israelitas de Xudá e Benxamín: 4Así di o Señor: non vaiades loitar contra vosos irmáns; que cada un volva á súa casa, porque isto sucedeu por vontade miña".
Obedeceron ás palabras do Señor e desistiron da campaña contra Ieroboam.
Roboam de Xudá
5Roboam habitou en Xerusalén e construíu fortalezas en Xudá. 6Restaurou Belén, Etam, Tecoa, 7Bet—Sur, Socó, Andulam, 8Gat, Marexarh, Zif, 9Adoraim, Láquix, Axecah. 10Sorah, Aiabón e Hebrón, fortalezas de Xudá e Benxamín, 11equipou as fortalezas, puxo nelas comandantes e forneceunas de almacéns de víveres, aceite e viño. 12Todas as cidades tiñan escudos e lanzas; estaban perfectamente armadas. Reinou en Xudá e Benxamín.
13Os sacerdotes e levitas de todo Israel acudían desde as súas terras para unirse a el; 14os levitas abandonaron os seus eidos e posesións para establecerse en Xudá e Xerusalén, porque Ieroboam e os seus fillos lles prohibiran exercer o sacerdocio do Señor, 15nomeando pola súa conta sacerdotes para as ermidas dos outeiros, para os sátiros e para os beceros que fabricaran. 16Tras eles, israelitas de todas as tribos desexosas de servir o Señor, Deus de Israel, foron a Xerusalén para ofreceren sacrificios ó Señor, Deus de seus pais. 17Consolidaron o reino de Xudá e fixeron forte a Roboam, fillo de Salomón, durante tres anos, tempo no que imitaron a conduta de David e Salomón.
18Roboam casou con Mahlat, filla de Ierimot, fillo de David e de Abigaíl, filla de Eliab, de Ixaí. 19Deulle varios fillos: Ieux, Xemarías e Zaham. 20Despois casou con Macah, filla de Abxalom que lle deu a Abías, Atai, Zizá e Xelomit. 21Roboam quería a Macah máis do que a todas as outras mulleres e concubinas; tivo dezaoito esposas e setenta concubinas e xerou vinte e cinco fillos e setenta fillas.
22A Abías, fillo de Macah, púxoo ó mando de seus irmáns, escolléndoo como sucesor. 23Repartiu prudentemente os seus fillos por todo o territorio de Xudá e Benxamín e por todas as fortalezas, dándolles gran cantidade de víveres e procurándolles moitas mulleres.

Currently Selected:

2 Crónicas 11: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in

Video for 2 Crónicas 11