YouVersion Logo
Search Icon

2 Crónicas 1

1
Visión de Salomón
1Salomón, fillo de David, afianzouse no seu reino; Iavé, o seu Deus, estaba con el e fíxoo extraordinariamente grande. 2Salomón falou con todo Israel, con xefes de millar e de cen, con xuíces e con todos os xefes de Israel, cabezas das casas paternas. 3Despois Salomón foi con toda a asemblea ó alto de Gabaón, porque alí se atopaba a Tenda do Encontro de Deus, que Moisés, servo de Iavé, fixera no deserto. 4En canto á arca de Deus, David leváraa de Quiriat Iearim ó lugar preparado para ela, pois erguéralle unha tenda en Xerusalén. 5O altar de bronce que fixera Besalel, fillo de Urí, fillo de Hur, estaba tamén alí diante, na morada de Iavé. Foron, pois, Salomón e a asemblea consultalo. 6Subiu Salomón alí, ó altar de bronce que estaba ante Iavé, onda a Tenda do Encontro, e ofreceu sobre el mil holocaustos.
7Aquela noite aparecéuselle Deus a Salomón e díxolle: —"Pídeme o que queres que che dea". 8Salomón respondeu a Deus: —"Ti tiveches gran amor a meu pai David e a min fixéchesme rei no seu lugar. 9Agora, pois, oh Iavé Deus, que se cumpra a promesa que fixeches a meu pai David, xa que ti me fixeches rei sobre un pobo numeroso coma o po da terra. 10Dáme, logo, agora, sabedoría e intelixencia, para que me saiba conducir ante este pobo teu, tan grande". 11Respon—deu Deus a Salomón: —"Xa que pensas isto no teu corazón, e non pediches riquezas, nin bens, nin gloria, nin a morte dos teus inimigos, nin tampouco pediches longa vida, senón que pediches para ti sabedoría e intelixencia para saber xulgar o meu pobo, de quen te fixen rei, 12por iso sonche dadas a sabedoría e o entendemento, e ademais dareiche riquezas, bens e gloria como non as tiveron os reis que houbo antes de ti nin as terá ningún dos que veñan despois de ti".
13Salomón regresou a Xerusalén desde o alto de Gabaón, de diante da Tenda do Encontro, e reinou sobre Israel. 14Salomón reuniu carros e cabalos e tivo mil catrocentos carros e doce mil cabalos que levou ás cidades dos carros e onda o rei de Xerusalén. 15Fixo o rei que a prata e o ouro fosen tan abondosos en Xerusalén coma as pedras e os cedros, coma os sicómoros da Terra Baixa. 16Os cabalos de Salomón eran de Musur e de Cilicia; os mercadores do rei adquiríanos en Cilicia ó contado.
17Traían de Exipto un carro por seiscentos siclos de prata e un cabalo por cento cincuenta. Traíanos tamén como intermediarios para todos os reis dos hititas e todos os reis de Aram.
18Decidiu, pois, Salomón, edificar unha casa ó nome de Iavé e un palacio para si.

Currently Selected:

2 Crónicas 1: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in

Video for 2 Crónicas 1