Respon—deu Deus a Salomón: —"Xa que pensas isto no teu corazón, e non pediches riquezas, nin bens, nin gloria, nin a morte dos teus inimigos, nin tampouco pediches longa vida, senón que pediches para ti sabedoría e intelixencia para saber xulgar o meu pobo, de quen te fixen rei, por iso sonche dadas a sabedoría e o entendemento, e ademais dareiche riquezas, bens e gloria como non as tiveron os reis que houbo antes de ti nin as terá ningún dos que veñan despois de ti".