1 Samuel 5
5
A arca en terra inimiga
1Os filisteos capturaron a arca de Deus e levárona de Eben—ha—Ézer a Axdod. 2Alí collérona, introducírona no santuario de Dagón e puxérona ó seu lado. 3O outro día, ó erguérense as xentes de Axdod, atoparon a Dagón de fociños no chan diante da arca do Señor. Eles collérono e volvérono ó seu sitio. 4O seguinte día erguéronse cedo e atoparon a Dagón outra vez de fociños no chan diante da arca do Señor. A cabeza e as mans de Dagón xacían tronzadas onda o limiar e quedáballe só o tronco. 5Por iso aínda agora os sacerdotes de Dagón e calquera que entre no seu santuario, non pisan no seu limiar.
6A man do Señor pesou moi dura sobre as xentes de Axdod. Estarreceu con furunchos a cidade e os seus arredores. 7A vista do que pasaba, as xentes de Axdod decidiron: —"Que non quede onda nós a arca do Deus de Israel, pois a súa man endureceuse contra nós e contra Dagón, o noso deus". 8Entón convocaron a todos os seus príncipes e consultáronlles: —"Que habemos facer coa arca de Deus de Israel?" E eles responderon: —"Que a leven a Gat". E trasladárona alí.
9Pero, en canto chegou alí a arca, a man do Señor pesou sobre a cidade. Houbo un gran estremecemento, pois o Señor feriu cunha praga de furunchos a toda a poboación, ós pequenos e ós grandes. 10Entón mandaron a arca de Deus cara a Ecrón. En canto a arca chegou alí, os ecronitas queixábanse dicindo: —"Trouxeron onda nós a arca do Deus de Israel. Será a nosa morte e a das nosas familias".
11Entón convocaron de segundas a todos os seus príncipes e dixéronlles: —"Levade a arca do Deus de Israel, que volva ó seu sitio, non nos mate a nós e á nosa xente". Había un medo de morte na cidade, pois pesara alí moi dura a man de Deus. 12A xente que non morría, era ferida de furunchos. O brado da cidade subía cara ó ceo.
Currently Selected:
1 Samuel 5: ABGS
Highlight
Share
Compare
Copy
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT