1 Reis 4
4
Goberno e administración do reino
1O reino de Salomón estendíase a todo Israel. 2Estes eran os seus ministros: Azarías, fillo de Sadoc, era o sacerdote; 3Elihoref e Ahías, fillos de Xixá, os secretarios; Iehoxafat, fillo de Ahilud, o cronista; 4Benaías, fillo de Iehoiadá, o xefe do exército; Sadoc e Abiatar, os sacerdotes; 5Azarías, fillo de Natán, xefe dos gobernadores; Zabud, fillo de Natán, conselleiro privado do rei; 6Ahixar, maiordomo do pazo; e Adoniram, fillo de Abdá, encargado do alistamento dos traballadores.
7Salomón tiña doce gobernadores en todo Israel. Estaban encargados do abastecemento do rei e do seu pazo, cada un nun mes do ano. 8Estes eran os seus nomes:
Ben—Hur, na montaña de Efraím;
9Ben—Déquer, en Macás, Xaalbim, Bet—Xémex e Elón—Bet—Hanán;
10Ben—Hésed, en Arubot; e pertencíalle tamén Socoh e a terra de Héfer;
11Ben—Abinadab, en toda a veiga de Dor; estaba casado con Tafat, filla de Salomón;
12Baná, fillo de Ahilud, en Tanac e Meguido, ata máis alá de Iocneam; en todo Betxeán, por debaixo de Iezrael, desde Betxeán ata Abel—Meholah ó pé de Sartán;
13Ben—Guéber, en Ramot de Galaad; tiña tamén as aldeas de Iair, fillo de Menaxés, situadas en Galaad, e o distrito de Argob, en Baxán; sesenta grandes cidades amuralladas, con ferrollos de bronce;
14Ahinadab, fillo de Idó, en Mahanaim;
15Ahimaas, en Naftalí; este casara con Basmat, filla de Salomón;
16Baná, fillo de Huxai, en Axer e en Alot;
17Iehoxafat, fillo de Parúah, en Isacar;
18Ximí, fillo de Elá, en Benxamín;
19Guéber, fillo de Urí, no país de Galaad, no país de Sihón, o rei amorreo, e no de Og, rei de Baxán.
Había tamén un gobernador no país de Xudá.
20Xudeus e israelitas eran tan numerosos coma a area do mar. Tiñan abondo que comer e que beber, e vivían contentos.
Currently Selected:
1 Reis 4: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT